martes, 29 de outubro de 2019

Máis visitas....


Hoxe tocou en Infantil taller de maquillaxe, pintauñas, peiteados.... coa mellor das colaboracións, as familias .
Moitas grazas 

luns, 28 de outubro de 2019

Visitas especiais...

Hoxe nas aulas de Educación Infantil gozamos dun conto dramatizado (Corre corre, cabaciña) da mellor maneira,  cunha actividade que nos permite cambiar de cara e fantasear por uns intres, e disfrutamos de moi boa compañía. 
Grazas familias 




domingo, 27 de outubro de 2019

A caixa come-medos

Durante toda esta semana Leo León quere axudaron cos vosos medos máis grandes. Para iso deberedes facer un debuxo dese medo e escribir unha pequena explicación. A nosa caixa de correos converterase na caixa come-medos, metede o voso debuxo dentro e Leo León tentará atrapar ese medo para axudarvos a superalo


Lecturas recomendadas pola biblioteca para Samaín

Leo León recomenda estes contos para pasalo terroríficamante ben durante a celebración de Samaín





Como sería a túa biblioteca ideal?


Gravacións feitas polos nenos/as e as súas familias contestando á pregunta: "Como sería a túa biblioteca ideal?".
Grazas familias pola vosa colaboración

Día das bibliotecas escolares

Este curso celebramos o día das bibliotecas escolares cun vídeo titulado: ¿Como sería a túa biblioteca ideal? Nel participaron moitos nenos e nenas que gravaron nas súas casas estes vídeos e que utilizaron moita imaginación. Ademais os axudantes entregaron as mochilas viaxeiras a todos os cursos. Como sempre, foi un momento moi especial.

Os marcalibros da biblioteca

Dentro da formación dos usuarios que levamos a cabo durante o mes de outubro, os titores axudáronnos a deseñar uns marcalibros para que os nenos o decorasen e utilizasen na biblioteca co fín de marcar o sitio no andel onde collían o libro para máis tarde volvelo a deixar no mesmo sitio.
Ademais os axudantes da biblioteca explicaron a todos os nenos do cole a súa utilidade






















Formación de usuarios na biblioteca de Leo León

Durante toda a semana na hora de ler os novos axudantes da biblioteca formaron aos nenos do cole, é dicir, aos usuarios da biblioteca no bo uso de esta. Lembráronlles as normas de comportamento da biblioteca, como teñen que facer para atopar libros e contos adecuados á súa idade, buscar libros por temáticas, coller xogos e devolvelos en perfecto estado, usar os computadores e sobre todo para os máis pequenos como facer o préstamo de libros para levar a casa. Os novos axudantes fixeron unha gran labor durante toda a semana.

sábado, 26 de outubro de 2019

Os axudantes dea biblioteca de Leo León

Estas nenas e nenos serán os axudantes da biblioteca durante este curso. Teñen moitas ganas de comezar. Traballaron duro durante todo o mes de outubro para aprender a levar a biblioteca e para axudar a todos os nenos que o necesiten dentro dela.Seguro que farán que este curso sexa moi especial dentro da nosa biblioteca

xoves, 24 de outubro de 2019

Presentación de Aimee

Bo día!!!
Hoxe Aimee, a nosa auxiliar de conversación para o curso 2019-2020, fixo este vídeo para presentarse e que a poidamos coñecer un pouco máis.

Moitas grazas Aimee.
Thank you so much.

martes, 22 de outubro de 2019

Xornada de hóckey con José "Portu"

Hoxe tivemos unha visita moi especial. José "Portu" presentounos o deporte do hóckey aos nenos e nenas de infantil e primaria.



mércores, 9 de outubro de 2019

Argallando

Os nenos e nenas de 3º andamos argallando ...
Arredor do que queremos aprender ao longo deste curso ...










... e do equilibrio preciso para que poidamos aprender todo o necesario.
Arredor do espazo, os planetas, as estrelas, o Sistema Solar, ...

... e do complexo equilibrio do Universo.










Arredor das plantas ...

... e do seu necesario e fermoso equilibrio.






















Seguiremos ARGALLANDO e buscando o EQUILIBRIO a cada pasiño que deamos.