domingo, 27 de marzo de 2022

Últimas actividades da Semana da Ciencia.

 Que semana tan intensa! Ademais das actividades que xa se comentaron, quedáronse no tinteiro algunhas mási: O xoves o profesorado do cole continuou coa súa formación afondando nos segredos do mundo da programación. Grazas a Santi por ensinarnos tantas cousas e ter tanta paciencia connosco. Asegurámosche que aplicaremos o aprenddo nas nosas clases.

O venres os nenos e nenas de 5º e 6º foron os grandes protagonistas da xornada. Pola mañá explicaron os seus experimentos a tódolos cursos do colexio e fixérono fenomenal. Pola tarde repetiron a exposición na súa caseta da Feira das Ciencias. Estiveron marabillosos e marabillosas no seu traballo. Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo editado polo concello cun resumo da feira: https://youtu.be/SdyKhqh90x8

Por último, os nenos e nenas de 2º non quixeron ser menos e, tamén o venres, puxeron en marcha experimentos sobre magnetismo e outros conceptos.

Grazas ás familias do centro por colaborar connosco de mil maneiras diferentes e tamén ao Concello de Ponteareas por recuperar esta preciosa actividade despois de dous anos de parón.





Ningún comentario:

Publicar un comentario