Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
martes, 30 de maio de 2023
luns, 29 de maio de 2023
OS TORNADOS
XOGOS POPULARES
Comezamos a semana comentando as xornadas de deporte escolar celebradas estes días en Salvaterra. Concretamente, o parque da Canuda foi escenario dunha chea de de xogos populares. O xoves asistiron 3º e 4º de Primaria e o venres, 5º e 6º. Unha marabillosa maneira de fomentar a actividade deportiva e manter con vida a tradición de xogos aos que xa xogaban os nosos avós e avoas. Unha divertida xornada de convivencia que, grazas a un enorme traballo de organización, como cada ano, foi todo un éxito.
Os tres porquiños.... ou gatiños?
As nenas e os nenos de 3º fixeron a súa versión especial do conto "Os tres porquiños". Ahí vai:
domingo, 28 de maio de 2023
O cascabel da gata. Como se fixo
As nenas e nenos de 1º fixeron o videoclip "O cascabel da gata". Seguro que todos vós o escoitastes xa. Pero, queredes saber como o fixeron? Pois aquí queda o vídeo no que podedes ver todo o proceso creativo.
venres, 26 de maio de 2023
Curta de 2º Primaria: Sígueme.
O alumnado de 2º de Primaria preparou unha curta do libro "Sígueme", coa técnica de Stop Motion. Unha adaptación do precioso conto, cheo de maxia, escrito por José Campanari e ilustrado por Roger Olmos. Unha historia de amor que non ten nada de raro.
A PROCURA DO TESOURO
Curta realizada por parte do alumnado de 5º de Primaria para I Festival de Cine de Guláns. Nela un grupo de nenos deciden buscar un tesouro no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera e coa axuda do director do centro atoparan o maior tesouro que hai no centro.
xoves, 25 de maio de 2023
Non fai falta a voz
Curta realizada polo ciclo de educación infantil do colexio público plurilingüe Feliciano Barrero ao abeiro do programa " Nós tamén creamos"
mércores, 24 de maio de 2023
martes, 23 de maio de 2023
luns, 22 de maio de 2023
O cascabel da gata
Aquí queda a curtametraxe que fixeron os nenos e nenas de 1º.
Quen quere cantar un conto?
martes, 16 de maio de 2023
FESTIVAL DE CINE DE CANS
Hoxe tódalas clases de primaria visitaron Cans para coñecer desde dentro o seu famoso festival audiovisual. Por certo, lembrámosvos que se celebra esta semana, do 16 ao 20 de maio.
Visitamos o Torreiro das Estrelas, onde xente tan famosa como Luís Tosar ou Luís Zahera deixaron as pegadas das súas patiñas (sen ofender) no chan.
Tamén nos gustou moito o Muro dos Chimpíns, onde se pon en valor o traballo das persoas que axudaron a poñer en marcha o festival.
Tomamos nota dalgunhas cousas e esperamos que o noso Festival de Cine de Guláns tamén teña moito éxito.
Un gran día de AGROGLAMOUR en Cans!!!
xoves, 11 de maio de 2023
BALONMÁN E FÚTBOL SALA NA CULTURAL
Nova xornada de deporte escolar para 5º e 6º de Primaria. Hoxe recibimos ao CEP Carlos Casares, de Alxén, na Avisoureira. Outro gran día de deporte e convivencia. Non levamos a conta dos goles, só sabemos que foron unha chea por parte de ambos equipos. Que satisfacción poder ver actitudes tan deportivas en todos os nenos e nenas!
Despois de tanto esforzo chegou o momento da merenda e do merecido descanso.
Moitas grazas ao Centro Cultural de Guláns por cedernos as súas estupendas instalacións e por facernos sentir, sempre, coma se estivésemos na nosa casa.
Proxecto Pito 2
luns, 8 de maio de 2023
Feira dos Minerais
A fin de semana pasada; 5, 6 e 7 de maio; celebrouse a V Feira dos Minerais no Centro Cultural de Guláns. O venres dubidabamos se as choiva permitiríanos ir visitala, pero, finalmente, todos os cursos puideron asistir e observar os doce stands de minerais, fósiles e xoias de todo o mundo.
domingo, 7 de maio de 2023
Visita da Escola de Música de Ponteareas.
Esta semana recibimos a visita de profesores e profesoras da Escola de Música de Ponteareas. Tocaron un concerto con violín, violoncello, frauta, gaita e piano. Martina como é alumna tamén amosou o seu talento. Todos e todas quedamos abraiados. Moi agradecidos e agradecidas pola visita e o marabilloso concerto!
martes, 2 de maio de 2023
XORNADA DE ATLETISMO
O xoves pasado 4º e 5º de Primaria foron ao IFEVI, en Vigo, a gozar dunha nova xornada de deporte escolar.
Cando pensamos en atletismo adoitamos pensar en carreiras, xa sexan de velocidade, de resistencia ou de obstáculos; pero o atletismo inclúe moitas outras disciplinas. Por exemplo, as relacionadas con saltos e lanzamentos.
O noso alumnado, concretamente, participou en probas de velocidade, resistencia e carreiras de relevos. Tamén puxeron a proba súa habilidade cos lanzamentos de peso e xavelina e co salto de lonxitude.
As competicións, sempre cun ambiente moi san e deportivo, disputáronas con outros cinco colexios da nosa contorna. Unha oportunidade máis de fomentar a convivencia e por suposto, a actividade deportiva.
MEL DE GALICIA
O pasado xoves recibimos no colexio unha doce visita. Un curso máis, Mel de Galicia enviounos a unha persoa experta para explicarnos o proceso de elaboración do mel. Terminada a charla, os nenos e nenas de primeiro de primaria quedaron completamente convencidos e convencidas de que, tanto a abella raiña, como as abellas obreiras e os abellóns son importantes para a natureza e, polo tanto, para tod@s nós.
Grazas pola visita!
Día contra o acoso escolar
O día 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Para a ocasión, decidimos retomar o concurso de carteis que expomos o curso pasado, no que o cartel debía conter un consello ou mensaxe para aqueles ou aquelas que sufrían acoso escolar.
Este curso poñemos o foco nos chamados “observadores”, nenos ou nenas que, sen levar a cabo ningunha conduta de acoso, son testemuñas delas. Para decorar o seu cartel deben completar a frase “Contra o acoso escolar eu podo…”
A idea é concienciar da necesidade de informar a unha persoa adulta cando vexamos condutas de acoso, xa sexa a un profesor ou profesora ou alguén da súa familia; é tamén ter unha actitude activa ante este tipo de inxustizas.
Necesitamos todas as miradas para combater o acoso!