luns, 2 de decembro de 2019
Nadal na biblioteca de Leo León
Este ano Leo León pediu axuda a todos os nenos do colexio para adornar a biblioteca, pero cunha condición: facelo con todo tipo de papel: de agasallo, de reciclaxe, de cores, de xornal, de revistas... A biblioteca luciu moi bonita con tanto papel e tanta cor.
venres, 22 de novembro de 2019
venres, 15 de novembro de 2019
Excursión de 5º e 6º ao Castelo e o Castro
Este martes os nenos e nenas de 5º e 6º vistaron o Castro de Troña e o Castelo de Sobroso convidados polo concello de Ponteareas. A nosa auxiliar de conversa, Aimee, realizou este precioso video resumo da visita.
Moitas grazas ao concello e a Aimee!!!
Moitas grazas ao concello e a Aimee!!!
xoves, 7 de novembro de 2019
FESTA DO OUTONO
LEMOS CONTOS DE MEDO, COMEMOS CASTAÑAS ASADAS, MAQUILLÁMONOS, VIMOS CURTAS DE MEDO, FIXEMOS MANDALAS CON PRODUTOS DE OUTONO, ENFARRUSCÁMONOS, FIXEMOS CABAZAS, FIXEMOS XOGOS, OS NOSOS AVÓS E AVOAS CONTÁRONNOS CONTOS, ...
CON CHUVIA E TODO, FOI UNHA FESTA DE OUTONO XENIAL!!!
martes, 29 de outubro de 2019
Máis visitas....
Moitas grazas
luns, 28 de outubro de 2019
Visitas especiais...
Hoxe nas aulas de Educación Infantil gozamos dun conto dramatizado (Corre corre, cabaciña) da mellor maneira, cunha actividade que nos permite cambiar de cara e fantasear por uns intres, e disfrutamos de moi boa compañía.
domingo, 27 de outubro de 2019
A caixa come-medos
Durante toda esta semana Leo León quere axudaron cos vosos medos máis grandes. Para iso deberedes facer un debuxo dese medo e escribir unha pequena explicación. A nosa caixa de correos converterase na caixa come-medos, metede o voso debuxo dentro e Leo León tentará atrapar ese medo para axudarvos a superalo
Como sería a túa biblioteca ideal?
Gravacións feitas polos nenos/as e as súas familias contestando á pregunta: "Como sería a túa biblioteca ideal?".
Grazas familias pola vosa colaboración
Día das bibliotecas escolares
Este curso celebramos o día das bibliotecas escolares cun vídeo titulado:
¿Como sería a túa biblioteca ideal? Nel participaron moitos nenos e nenas que gravaron nas súas casas estes vídeos e que utilizaron moita imaginación. Ademais os axudantes entregaron as mochilas viaxeiras a todos os cursos. Como sempre, foi un momento moi especial.
Os marcalibros da biblioteca
Dentro da formación dos usuarios que levamos a cabo durante o mes de outubro, os titores axudáronnos a deseñar uns marcalibros para que os nenos o decorasen e utilizasen na biblioteca co fín de marcar o sitio no andel onde collían o libro para máis tarde volvelo a deixar no mesmo sitio.
Ademais os axudantes da biblioteca explicaron a todos os nenos do cole a súa utilidade
Ademais os axudantes da biblioteca explicaron a todos os nenos do cole a súa utilidade
Formación de usuarios na biblioteca de Leo León
Durante toda a semana na hora de ler os novos axudantes da biblioteca formaron aos nenos do cole, é dicir, aos usuarios da biblioteca no bo uso de esta. Lembráronlles as normas de comportamento da biblioteca, como teñen que facer para atopar libros e contos adecuados á súa idade, buscar libros por temáticas, coller xogos e devolvelos en perfecto estado, usar os computadores e sobre todo para os máis pequenos como facer o préstamo de libros para levar a casa. Os novos axudantes fixeron unha gran labor durante toda a semana.
sábado, 26 de outubro de 2019
Os axudantes dea biblioteca de Leo León
Estas nenas e nenos serán os axudantes da biblioteca durante este curso. Teñen moitas ganas de comezar. Traballaron duro durante todo o mes de outubro para aprender a levar a biblioteca e para axudar a todos os nenos que o necesiten dentro dela.Seguro que farán que este curso sexa moi especial dentro da nosa biblioteca
xoves, 24 de outubro de 2019
Presentación de Aimee
Bo día!!!
Hoxe Aimee, a nosa auxiliar de conversación para o curso 2019-2020, fixo este vídeo para presentarse e que a poidamos coñecer un pouco máis.
Moitas grazas Aimee.
Thank you so much.
martes, 22 de outubro de 2019
Xornada de hóckey con José "Portu"
Hoxe tivemos unha visita moi especial. José "Portu" presentounos o deporte do hóckey aos nenos e nenas de infantil e primaria.
mércores, 9 de outubro de 2019
Argallando
Os nenos e nenas de 3º andamos argallando ...
... e do equilibrio preciso para que poidamos aprender todo o necesario.
Arredor do espazo, os planetas, as estrelas, o Sistema Solar, ...
... e do complexo equilibrio do Universo.

Arredor das plantas ...

... e do seu necesario e fermoso equilibrio.

Seguiremos ARGALLANDO e buscando o EQUILIBRIO a cada pasiño que deamos.
xoves, 19 de setembro de 2019
Que teñamos un bo curso!!!
Estreamos curso e comezamos
con ganas e con ilusión.
con ganas e con ilusión.
Ao longo deste ano imos aprender moito, vivir novas experiencias, facer novas amizades, ... e moitas outras cousas que nos agardan nas aulas, na biblioteca, nos patios, nas excursións e nas festas do noso cole.
Benvidos e benvidas!!
QUE TEÑAMOS UN BO CURSO!!
xoves, 20 de xuño de 2019
O desembarco da raíña Isabel
Mañán, no festival do Solsticio! A Avisoureira, ás 10 h!
Trailer "O desembarco da raíña Isabel" from Radio Televisión Leo León on Vimeo.
Trailer "O desembarco da raíña Isabel" from Radio Televisión Leo León on Vimeo.
martes, 4 de xuño de 2019
Proxecto "Os volcáns"
Así fixemos os nosos volcáns:
Primeiro, pedímoslle unas taboas de madeira ao pai de Lucas. Dividimos a clase en catro grupos e puxemonos mans á obra.
Logo, suxeitamos a botella dun litro de auga á taboa con cinta de carroceiro. A forma era unha pirámide. Logo reechemos os buratos con bolas de xornal.
Despois fixemos o engrudo con auga temperada, cola branca e fariña. Fixemos anaquiños de xornais, metímolos no engrupo e pegámolos na estructura do volcán. Puxemos tres capas e deixamos secar tres días cada capa.
Por último pintámolo con témpera e rematamos cunha capa de barniz.
Co volcán rematado, botamos dentro da botella vinagre, colorante alimenticio de cor vermella e amarela e por último botamos bicarbonato. De seguido o volcán entra en erupción.
Bruuuuummmmmmm!!!!!!!!!!!
mércores, 29 de maio de 2019
Visita de Paula Carballeira
Onte visitounos a escritora, contacontos e actriz galega Paula Carballeira. Foi unha honra poder contar con ela na nosa biblioteca. Con anterioridade os nenos mercaron o seu libro"Bruxa e familia", lérono, uns nas súas casas e outros na hora de lectura xunto aos seus compañeiros e deleitáronse escoitando as súas historias fantásticas. Ademais os nenos levaron o seu libro dedicado.
martes, 21 de maio de 2019
Día das letras galegas "Antonio Fraguas Fraguas"
Este ano o equipo de Normalización lingüística, organizou una actividade que consistía en vestir a dous maniquís, co traxe galego, utilizando todas as súas partes. Nela participamos todo o colexio. Y para seguir a festa, gozamos cun home orquestra "Cé orquestra pantasma", que fixo as delicias dos nenos/as, tocando unha chea de instrumentos e facendo cantar e bailar a todo o público infantil e non tan infantil.
mércores, 15 de maio de 2019
Saudamos á primavera cun taller de Hervé Tullet
Este ano a biblioteca Mercou un libro moi interesante para o profesorado,titulado: "Diviértete: talleres de arte con Hervé Tullet”. Na aula de 3º de primaria, a titora levou a cabo un destes talleres e o resultado foi espectacular, así como
a reacción dos nenos durante a hora e 30 minutos que durou o taller.
martes, 7 de maio de 2019
O xogo na arte
Os nenos de 3º de primaria fixeron un proxecto sobre os xogos na arte, que forma parte do proxecto proposto pola biblioteca do cole titulado "os xogos" e que se leva a cabo nas diferentes aulas. O proxecto resultou moi interesante e grazas a este proxecto os nenos do cole puideron coñecer máis de preto ao pintor Holandés Pieter Brueghel e ao seu cadro titulado "Xogo de nenos". Os nenos traballaron moito e moi ben. Noraboa
Vídeo da presentación
Vídeo da presentación
venres, 3 de maio de 2019
Concurso de carteis
Este ano fixemos un concurso de carteis feitos en familia para animar aos compañeiros a ler.
Todos os participantes tiveron un agasallo.
Todos os participantes tiveron un agasallo.
xoves, 2 de maio de 2019
Libros ao patio
Durante a semana do libro, celebramos a lectura lendo todos xuntos no patio na hora de ler
mércores, 1 de maio de 2019
Video da semana do libro
As aulas do cole homenaxearon aos libros e contos na semana do libro,a través dun fermoso video gravado por todos os nenos do cole
martes, 30 de abril de 2019
Compartir poesía é comezar ben o día!!
Durante a semana do libro comezamos todos os días recitando poesías. A actividade foi voluntaria.Houbo moitos nenos/as que quixeron recitar poemas. Foi moi bonito comezar a mañá desta maneira.
venres, 26 de abril de 2019
Contacontos na semana do libro
O contacontos está baseado no audioconto Cantamos? do que Celtia é autora dos textos e forma parte das voces dos audiocontos. Trátase dun espectáculo de monicreques onde Rosi, que é una gran fan da música e dos contos, fai de fio condutor para contar diferentes historias: os tres porquiños, o gato con botas...
martes, 23 de abril de 2019
venres, 29 de marzo de 2019
domingo, 24 de marzo de 2019
En abril ... libros mil
Anímate e participa no concurso de carteis para a semana do libro. Esta será do 23 ao 30 de abril.
Os carteis estarán expostos na biblioteca e outros lugares do cole. É importante que respectedes a data de entrega do cartel. Xa sabedes, buscade unha frase orixinal para animar aos nenos do cole para ler. Data límite de entrega o 8 de abril.
luns, 18 de marzo de 2019
Xogos de mesa
Os nenos de 6º de primaria fixeron un proxecto sobre os xogos de mesa, que forma parte do proxecto proposto pola biblioteca do cole titulado "os xogos" e que se leva a cabo nas diferentes aulas. Despois do proxecto os nenos xugaron durante os seguintes 7 días cos demais nenos do cole ensinándolles a xogar aos diferentes xogos.
Día da muller e semana da prensa
Este foi o programa.
sábado, 16 de marzo de 2019
Entroido na biblioteca
Ao longo de dúas semanas estivemos decorando antifaces na biblioteca. Utilizamos pinturas, rotuladores, pompóns, plumas, corazóns e moita moita brillantina. Gozamos moito nos recreos
martes, 12 de marzo de 2019
Día da árbore
Hoxe en San Cribrán aprendemos o valor das árbores nas nosas vidas e plantamos pradairos, nogueiras, carballos e bidueiros.
Ademais, a cada árbore puxémoslle o nome dunha muller científica.
Por un monte vivo!
Día da árbore from Radio Televisión Leo León on Vimeo.
venres, 8 de marzo de 2019
"Pepuka e o monstro que lle roubou o seu sorriso"
O alumnado de 5º de primaria da Escola Pública Feliciano Barrera (Guláns, Ponteareas), comprometido contra a violencia machista, transmite unha mensaxe de esperanza e apoio a todas as mulleres que algún día perderon o seu sorriso, a través da representación da adaptación do libro "Pepuka y el monstruo que le robó su sonrisa" de Estela Moreno, autora á que tiveron a sorte de coñecer e disfrutar no centro.
Pepuka e o monstro que lle roubou o seu sorriso from Radio Televisión Leo León on Vimeo.
Pepuka e o monstro que lle roubou o seu sorriso from Radio Televisión Leo León on Vimeo.
Entroido 2019
Dentro do proxecto anual de centro e da biblioteca "Os xogos", aquí vos deixamos unha reportaxe fotográfica da celebración do Entroido na nosa escola.
Vídeo do Entroido! from Radio Televisión Leo León on Vimeo.
Vídeo do Entroido! from Radio Televisión Leo León on Vimeo.
xoves, 28 de febreiro de 2019
Mandadiño xoves
E hoxe o noso cole encheuse de leóns,
Leo león quedou abraiado!
Moitísimas grazas fermosos leóns!
E mañá...comeza O ENTROIDO!!
Vinde con ganas de pasalo xenial!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)