Amosando publicacións coa etiqueta Día da paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da paz. Amosar todas as publicacións

sábado, 31 de xaneiro de 2026

MÚSICA POLA PAZ

 


Como xa sabedes, a ANPA San Xulián organizou unha sesión formativa moi especial para este xoves, 29 de xaneiro, ás 16:30: Un obradoiro de EcoPercusión para familias. Podedes consultar a información no seu perfil ou no noso.
As persoas que vos animedes a asistir poderedes tocar con todo o alumnado o venres, 30 de xaneiro, ás 13:00h. De todos os xeitos, estades todos e todas convidados a desfrutar coa música en compañía da nosa familia educativa.
Esperámosvos!!!

xoves, 29 de xaneiro de 2026

Día da non violencia e da Paz

 O 30 de xaneiro conmemoramos o día da non violencia e a Paz. No expositor da biblioteca hai unha colección relacionada con este tema, para que os nenos e nenas poidan profundizar máis nel.




martes, 4 de febreiro de 2025

30 de Xaneiro, Día da Paz e da non Violencia


 Para conmemorar o día da Paz e da non violencia, os nenos e nenas do Ceip Feliciano Barrera escribiron moitas mensaxes de paz e crearon un libro precioso que permanecerá na biblioteca para non esquecernos da importancia de manter a Paz nas nosas vidas

luns, 3 de febreiro de 2025

DÍA DA PAZ 2025


É un feito: os nenos e nenas do Feliciano Barrera van cambiar o mundo. Ademais, polo que nos contan e nos cantan, van facelo rapidiño.
Dínnolo cantando, bailando, en letras maiúsculas, en lingua de signos... todo para asegurarse de que a mensaxe cheghe a todo o mundo: os nenos e nenas do Feliciano Barrera queren un mundo mellor e quéreno nun plisplás!!!

 

venres, 31 de xaneiro de 2025

Castelao

Hoxe compartimos este vídeo con vós.
Falamos de Castelao por varios motivos:
- Esta semana é o seu aniversario do seu nacemento.
- Este ano cúmprense 75 anos da súa morte.
- É unha persoa que loitou pola paz e pola liberdade do seu pobo, cousa que tamén ven ao caso pola celebración do día da paz.

E ti, sabes quen foi Castelao?

domingo, 4 de febreiro de 2024

Radio Guáns: Frases pola Paz: 1º de primaria

Este curso temos como proxecto: "A Radio". Para celebrar o día da non violencia e da Paz traballamos   podcast e videopodcast baixo o lema "Frases pola Paz. Aquí tedes o traballo de 1º de primaria


 

venres, 2 de febreiro de 2024

Radio Guláns: Frases pola Paz: Infantil

Este curso temos como proxecto: "A Radio". Para celebrar o día da non violencia e da Paz traballamos   podcast e videopodcast baixo o lema "Frases pola Paz. Aquí tedes o traballo de infantil



 

mércores, 31 de xaneiro de 2024

Día da Paz.

 Exposición de libros na biblioteca coa temática da Paz.

Taller de Ioga, impartido pola mestra Eva, por tódolos cursos, durante esta semana.


martes, 30 de xaneiro de 2024

Obradoiro: Música pola Paz

 Onte a biblioteca do Feliciano Barrera converteuse no escenario dunha preciosa actividade: Música pola Paz.

Da man de Ana Belén e Carla; da aula de Música Pianagrama, de Mos; viaxamos a través do movemento, do baile, do canto… Tanto os máis pequenos e pequenas, como os maiores do colexio, gozaron moitísimo coa vosa proposta.
Moitas grazas pola visita!
#pianagrama





martes, 31 de xaneiro de 2023

O EQUIPO CAZAPAZ: CONTO PARA O DÍA DA PAZ

 Conto escrito e ilustrado polo alumnado de 2º de Primaria, para a educación na tolerancia, a harmonía, a non violencia e a paz.

luns, 30 de xaneiro de 2023

PAZ 2023

 Un 30 de xaneiro máis celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Este curso empezamos o programa de actividades dunha maneira un pouco distinta: a paz como algo que comeza dentro de nós e achegamos aos demais.

A través do ioga, todas as nenas e os nenos de infantil e primaria, tentarán ver cara ao seu interior para atopar a paz e a calma que tanta falta fai nestes tempos. Hoxe 3º e 4º de primaria inauguraron as xornadas, mañá será a quenda de 1º. O próximo día 7 de febreiro todo o cole terá saudado ao sol.