Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de novembro de 2025

25N: QUE PRECISAS PARA VOAR?

 


E ti? Que precisas para voar e ser libre?
Este 25N un mesmo lema une a todo o alumnado do centro. Simple e á vez complexo; pero, sen dúbida, directo ao corazón.
Todas as persoas necesitamos o mesmo: diálogo, comprensión, liberdade para tomar decisións propias...
As nosas bolboretas saen dos tarros portando as palabras de paz e amor que as nenas e os nenos escribiron, por se acaso, en varios idiomas. Para que se entendan mellor!
Un ano maís o CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera posiciónase, claramente e sen excepción, en contra de calquera tipo de violencia. 

venres, 22 de novembro de 2024

Todas e todos contamos

O martes viu ao cole a asociación IgualArte.

Fixemos moitas actividades:

- Infantil tivo contacontos.

- 1º, 2º, 3º e 4º tiveron un teatro.

- 5º e 6º fixemos instrumentos oe tocamos. Tambores (que estaban feitos de caldeiros decorados) , maracas (feitas de bebibles cheos de arroz e decorados con papeis de cores brillantes ) e caixas chinesas.

Grazas por vir a ensinarnos a facer estes instrumentos tan chulos!!

Admiramos o voso traballo. 

Grazas por escoitarnos!!!!!

       




          

martes, 2 de maio de 2023

Día contra o acoso escolar

 O día 2 de maio conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Para a ocasión, decidimos retomar o concurso de carteis que expomos o curso pasado, no que o cartel debía conter un consello ou mensaxe para aqueles ou aquelas que sufrían acoso escolar. 

Este curso poñemos o foco nos chamados “observadores”, nenos ou nenas que, sen levar a cabo ningunha conduta de acoso, son testemuñas delas. Para decorar o seu cartel deben completar a frase “Contra o acoso escolar eu podo…” 

A idea é concienciar da necesidade de informar a unha persoa adulta cando vexamos condutas de acoso, xa sexa a un profesor ou profesora ou alguén da súa familia; é tamén ter unha actitude activa ante este tipo de inxustizas.

Necesitamos todas as miradas para combater o acoso!



sábado, 11 de febreiro de 2023

MULLER E CIENCIA

 Hoxe, sábado 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso onte, no colexio, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron unha visita moi especial. Mª Ángeles Pena Gallego, especialista en Química Cuántica, explicounos como, aínda que sempre houbo mulleres científicas, no pasado o seu traballo era ninguneado e mesmo roubado por unha contorna completamente masculinizada. 

Hai moitas cousas que poden condicionar a vocación académica das persoas, non debemos permitir que a identidade de xénero sexa unha delas. Queremos homes e mulleres en todas as ramas do saber e do traballo!