martes, 25 de decembro de 2012
A Christmas tree
Os alumnos de primeiro fixeron este bonito 'Christmas tree' na clase de plástica para decorar a nosa biblioteca.
luns, 24 de decembro de 2012
sábado, 22 de decembro de 2012
venres, 21 de decembro de 2012
mércores, 19 de decembro de 2012
Cantos de reis
Aquí vos queda este enlace por se queredes aprender máis sobre os cantos de reis.
Desfrutádeo e non deixedes que se perda nas nosas aldeas esta fermosa tradición.
sábado, 15 de decembro de 2012
Concurso de postais de Nadal
Leo León está abraiado coas postais tan bonitas que fixeron os nenos e nenas do cole... aquí as tedes:
quen serán os gañadores????? Leo León o ten moi difícil para escoller!!!
Boa sorte a todos e grazas pola vosa participación!
venres, 14 de decembro de 2012
Mochilas viaxeiras
Ola a todos,
E unha vez máis aquí están os novos debuxos e comentarios das mochilas viaxeiras.
Esperamos que vos gusten.
Ata a vindeira semana. Un enorme abrazo de Leo León!!
E unha vez máis aquí están os novos debuxos e comentarios das mochilas viaxeiras.
Esperamos que vos gusten.
Ata a vindeira semana. Un enorme abrazo de Leo León!!
luns, 10 de decembro de 2012
O apalpador
Coñecedes ao APALPADOR??
No NADAL reparte regalos por toda Galicia e....
queredes coñecer máis cousas sobre o apalpador??? aquí tedes un bonito conto e un xogo moi divertido:
XOGOS
Tamén podedes visitar a Leo León na biblioteca e buscar o conto sobre o apalpador e outra morea de sorpresas sobre o nadal!!!
|
venres, 7 de decembro de 2012
Xogos divertidos sobre o Nadal
Leo León convídate a pasar un bo rato con estes xogos divertidísimos sobre o nadal.
Pincha nos seguintes debuxos para acceder aos xogos e divírtete!!
Ollo!! están en inglés!!
Mochilas viaxeiras
Xa están aquí... os novos debuxos e comentarios das mochilas viaxeiras!!!
Cada vez, son máis e máis bonitos...
Moitas grazas pola vosa colaboración!!
mércores, 5 de decembro de 2012
Postais de Nadal
COMO O ANO PASADO FOI UN ÉXITO
ESTE ANO LEO LEÓN INVÍTANOS UNHA VEZ MÁIS A FACER UNHAS POSTAIS DE NADAL PARA DECORAR O COLE...
O PRAZO COMEZA HOXE E REMATA O MARTES 11, ANIMÁDEVOS!
ESTE ANO LEO LEÓN INVÍTANOS UNHA VEZ MÁIS A FACER UNHAS POSTAIS DE NADAL PARA DECORAR O COLE...
O PRAZO COMEZA HOXE E REMATA O MARTES 11, ANIMÁDEVOS!
venres, 30 de novembro de 2012
Mochilas viaxeiras
E como todos os venres, aquí tedes os novos comentarios e debuxos das mochilas viaxeiras. Que bonitos!!!
Ata a próxima semana!!!
martes, 27 de novembro de 2012
luns, 26 de novembro de 2012
domingo, 25 de novembro de 2012
CLASE DE PLÁSTICA 4º
Nenos e nenas de 4º de primaria traballando na súa aula durante un taller de plástica.
Fixeron uns polbos de lan de cores moi riquiños!!!!
Fixeron uns polbos de lan de cores moi riquiños!!!!
venres, 23 de novembro de 2012
Mochilas viaxeiras
E aquí están os novos debuxos e comentarios das mochilas...
Esperamos que vos gusten... a Leo León encántanlle!!
Grazas!
xoves, 22 de novembro de 2012
mércores, 21 de novembro de 2012
venres, 16 de novembro de 2012
Xogos divertidos sobre o magosto
xoves, 15 de novembro de 2012
martes, 13 de novembro de 2012
venres, 9 de novembro de 2012
martes, 6 de novembro de 2012
mércores, 31 de outubro de 2012
luns, 15 de outubro de 2012
mércores, 3 de outubro de 2012
martes, 2 de outubro de 2012
luns, 1 de outubro de 2012
venres, 22 de xuño de 2012
Despedida
Rematou o curso!!
Xa pasou un ano máis.
Moitas grazas a todos aqueles que colaboraron, que se esforzaron, que nos apoiaron, que axudaron en todo e que están dispostos a seguir facéndoo.
Moita sorte a tódolos alumnos que comezan unha nova etapa, que xa se fixeron maiores e que agora irán ao instituto a demostrar todo o que aprenderon neste centro. Sobre todo o máis importante: a ser bos compañeiros, a ser solidarios, a compartir, a respetar, ... a ser persoas de ben.
E a todos aqueles que volverán en setembro: disfrutade das vacacións ao máximo para poder comezar un novo curso con forzas renovadas, con actitude positiva, con ganas de aprender e con ganas de pasalo ben.

PASADE UN BO VERÁN!!!!
luns, 18 de xuño de 2012
Os pitiños
Tivemos no cole a oportunidade de ver todo o proceso do nacemento duns "pitiños". Mirade que interesante e que bonita experiencia. Quero, en nome de todos, darlle as gracias a profe Ánxeles que foi a que os trouxo e tamén a que máis tempo lle dedicou tanto a coidalos como a ensinarnos como se facía.
martes, 12 de xuño de 2012
venres, 1 de xuño de 2012
A REVISTA CARACOLA
luns, 21 de maio de 2012
Día das letras galegas en 1º
Os nenos de 1º festexamos o día das Letras Galegas facendo un mural sobre Valentín Paz Andrade....
luns, 14 de maio de 2012
En galego
Este é o Rap da Lingua.
Espero que vos guste esta canción de Migallas que ven moi a conto para esta semana en que celebramos as Letras Galegas.
Espero que vos guste esta canción de Migallas que ven moi a conto para esta semana en que celebramos as Letras Galegas.
mércores, 9 de maio de 2012
Valentín Paz Andrade
Aquí tedes cousiñas sobre o autor ao que se lle adican as letras galegas este ano: Valentín Paz Andrade
Espero que vos gusten e que lle saquedes proveito.
Pinchando AQUÍ atoparedes un documento que explica toda a vida de Valentín Paz Andrade.
Para aprender máis sobre Valentín Paz Andrade, o mellor é facer estes divertidos xogos nos que poderás demostrar canto sabes sobre a vida e a obra do autor:
XOGO 1
XOGO 2
XOGO 3
Pinchando AQUÍ atoparás información sobre as letras galegas, sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade e tamén algunhas actividades interesantes para infantil e para os distintos ciclos de primaria.
Nesta outra páxina, ademais da súa biografía e bibliografía, podes atopar vídeos, imaxes, entrevistas e moitas outras cousas sobre Valentín Paz Andrade. Para velo todo, pincha AQUÍ.
Pinchando AQUÍ entraredes na páxina das letras galegas da Xunta. Nela atoparedes toda a información sobre Valentín Paz Andrade e sobre tódolos autores homenaxeados en anos anteriores. Ademais, hai un montón de xogos e actividadespara pasalo ben ao mesmo tempo que aprendemos.
AQUÍ tedes o enlace a un vídeo sobre Valentín Paz Andrade que fixeron no CEIP Rosalía de Castro. Seguro que vos gusta.
Se queredes realizar unha webquest interesante entre varios nenos e nenas, esta que fixeron no CEIP Nosa Señora de Xuvencos é moi chula. Para facela tedes que entrar AQUÍ e acceder como convidados.

martes, 8 de maio de 2012
luns, 7 de maio de 2012
xoves, 3 de maio de 2012
Colaboración para un mural
xoves, 26 de abril de 2012
Carlos Losada
Hoxe fixéronnos unha visita moi especial.
Visitounos Carlos Losada (o avó de Robin) para falarnos dos seus anos traballando na radio, da importancia da palabra e da lectura en voz alta, dos seus traballos como doblador de cine e como actor, da súa amizade con Uxío Novoneyra e de outras moitas cousas interesantísimas.
Contounos anécdotas moi divertidas e aprendemos moito das súas experiencias.
Sobre todo, quedounos claro o importante que é ler ben!!
MOITAS GRAZAS!!
luns, 23 de abril de 2012
venres, 20 de abril de 2012
venres, 13 de abril de 2012
En abril ... libros mil
Ola amigos da biblioteca do cole de Guláns. Son Leo León.
Xa sabedes que estou contentísimo porque en abril hai moitas actividades no cole que teñen que ver cos libros e coa lectura.
Xa iredes vendo pouco a pouco as cousiñas que hai preparadas para este ano.
Espero ter moitas visitas ao longo deste mes tan especial. Digo que abril é especial porque é moi bo para os que nos gusta ler, pero tamén é moi bo para que, os que inda non o saben, descubran que tamén lles gusta ler.
Unha aperta.
xoves, 12 de abril de 2012
martes, 27 de marzo de 2012
luns, 26 de marzo de 2012
Lingua de signos
Este venres virá a visitarnos a asociación de persoas xordas de Galicia.
Aquí tedes un enlace para aprender un pouco sobre lingua de signos.
http://bib.cervantesvirtual.com/seccion/signos/psegundonivel.jsp?seccion=signos&conten=materiales&pagina=cat_materiales5&tit3=Biblioteca+de%20signos+did%E1ctica

venres, 23 de marzo de 2012
venres, 9 de marzo de 2012
8 de marzo
Hoxe tivemos unha visita moi especial. Un grupo de nais, avoas e veciñas, que viñeron a falarnos da súa experiencia escolar e laboral.
Aprendemos moitas cousas: cales eran as diferenzas entre homes e mulleres na escola, cales eran as diferenzas entre a escola que tiveron elas e a nosa escola, ...
Ademais, algúns nenos e nenas leron os seus poemas.
MOITAS GRAZAS A TODAS
mércores, 7 de marzo de 2012
Maleta de poesía
Xa chegou á biblioteca a maleta de poesía.
21 libros de poemas para ler, soñar e disfrutar.
Esta maleta é un préstamo dos nosos amigos da biblioteca do CEFORE de Vigo que só estará aquí durante un mes, así que ... aproveitade e disfrutádea.
21 libros de poemas para ler, soñar e disfrutar.
Esta maleta é un préstamo dos nosos amigos da biblioteca do CEFORE de Vigo que só estará aquí durante un mes, así que ... aproveitade e disfrutádea.
martes, 6 de marzo de 2012
English travelling schoolbag
Ola amigos!!!!
Aquí podedes ver a mochila viaxeira de inglés que os nen@s de 6º curso disfrutaron fai uns meses...espero que vos gusten!!!
sábado, 25 de febreiro de 2012
xoves, 23 de febreiro de 2012
Eu falo así
O día 21 de febreiro é o día internacional da lingua materna. Non esquezades que a lingua do noso pensamento e das nosas emocións é o noso ben máis prezado.
Aquí tedes unha canción sobre a lingua, sobre a fala de cada un de nós.
mércores, 22 de febreiro de 2012
venres, 17 de febreiro de 2012
Traballo de investigación
Os nenos e nenas de 6º fixeron un traballo de investigación sobre os orixes e as costumes desta época de Entroido.
Quedáronlles uns traballos preciosos e moi interesantes, que poderedes consultar cando queirades na biblioteca do cole.
DISFRUTADE DO ENTROIDO!!
xoves, 16 de febreiro de 2012
4º día de Entroido
mércores, 15 de febreiro de 2012
3º día de Entroido
martes, 14 de febreiro de 2012
DÍA DOS NAMORADOS
Hoxe, día dos namorados, os alumn@s de 5º e 6º fixemos moitos corazóns cheos de boas cualidades e chegaron moitos agasallos dos amig@s invisibles!!!!
2º día de Entroido
luns, 13 de febreiro de 2012
1º día de Entroido
Leo León está moi contento pola vosa participación
Estou moi emocionado, o Entroido vai comezar...
se facedes o que eu mande, que ben o imos pasar!!!!
Empeza o mandadiño:
para comezar a rir
con un MANDIL DE COCIÑA
o luns teredes que vir!!!!
O martes segue o Entroido
o catorce de febreiro
traede un CORAZÓN
que o amor é o primeiro!!!
venres, 10 de febreiro de 2012
COMEZA O ENTROIDO!!!!
Conto de Paz
Os nenos do cole fixemos un conto de Paz, cada clase fixo a súa aportación e o resultado foi moi satisfactorio. Podedes lelo aquí.
luns, 6 de febreiro de 2012
domingo, 5 de febreiro de 2012
Función de relación
Aquí tedes uns vídeos moi instructivos sobre como funcionan os nosos
sentidos, que vos axudarán a repasar o tema que trata función de relación
en Coñecemento do Medio.
sentidos, que vos axudarán a repasar o tema que trata función de relación
en Coñecemento do Medio.
xoves, 2 de febreiro de 2012
mércores, 1 de febreiro de 2012
luns, 30 de xaneiro de 2012
xoves, 26 de xaneiro de 2012
MÚSICA NUNHA ÁRBORE. Diego Stocco
A música está en todas partes.
Onde serías ti capaz de atopala?
Escoita a música dunha árbore.
Onde serías ti capaz de atopala?
Escoita a música dunha árbore.
MÚSICA NUNHA LAVANDERÍA. Diego Stocco
Con calquera cousa se pode facer música.
Só é necesario ter imaxinación, unha boa idea, e ... a tocar!!
Só é necesario ter imaxinación, unha boa idea, e ... a tocar!!
mércores, 25 de xaneiro de 2012
martes, 24 de xaneiro de 2012
martes, 10 de xaneiro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)