mércores, 31 de xaneiro de 2018

O escritor Xavier Estévez visitou a nosa biblioteca

O escritor Xavier Estévez visitou a nosa biblioteca e falou animadamente cos alumnos de 4º, 5º e 6º. Ademais contoulles como xurdiu nel a súa aficción por escribir libros e animoulles para que seguisen os seus pasos. Os alumnos gozaron moito con el. Por último Xavier dedicoulles un libro.

luns, 29 de xaneiro de 2018

Día Escolar da non Violencia e da Paz


Mañá 30 de xaneiro celebramos todos xuntos o Día Escolar da non Violencia e da Paz.
Ao longo da mañá teremos no cole diferentes actividades para conmemorar todos xuntos este día.
- Curtas adicadas á Paz, na biblioteca do centro.
- Lectura das mensaxes escritas por todas as aulas para encher as botellas que viaxarán polo noso mar de Paz e que decorará a nosa biblioteca a partir de mañá en forma de mural.
- Lectura dunha receita moi especial cuns ingredientes moi especiais.
- E remataremos cunha preciosa canción que aprendemos ao longo dos últimos días: "conta conmigo".
Será una mañá moi especial.

 

 

 

luns, 22 de xaneiro de 2018

CONTA COMIGO


Para o día da paz, os nenos e nenas de 2º fixemos a nosa propia versión da canción de Bruno Mars "Count on me". Unha tradución ao galego para que todos poidamos entender o importante que é a amizade.
Deixámosvos aquí o noso vídeo clip por se queredes aprendela.
Esperamos que vos guste.


luns, 8 de xaneiro de 2018

O INVERNO


Os nenos e nenas de 2º recitamos uns poemas de Manuel María que falan do inverno.
Esperamos que vos gusten.