domingo, 28 de febreiro de 2021

 O CEIP Feliciano Barrera prepárase para o Día Mundial da Poesía que será o próximo 21 de marzo. O alumnado de 3º de Primaria recítanos dous poemas do libro "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro.

xoves, 25 de febreiro de 2021

 Continuamos festexando o Día de Rosalía, con música e poesía. Todo o alumnado preparou a canción "Adiós ríos, adiós fontes", versión de Amancio Prada. O poema reflicte a despedida dun emigrante que está a piques de embarcar cara a América, e por iso se despide cun gran amor de cada un dos elementos da natureza da súa terra natal. Acompáñanos coa guitarra o profe Óscar.                                                                                                                      

O alumnado de infantil traballou o Día de Rosalía con manualidades e viron o vídeo Rosalía pequeniña de Uxía:


mércores, 24 de febreiro de 2021

 24 de febreiro de 2021. Hoxe celebramos o día da nosa superheroína preferida. Hoxe festexamos o Día de Rosalía!!!184 aniversario



martes, 23 de febreiro de 2021

 Esta semana, o prometido, collimos un corazón polo Día do amor e da amizade. Que este corazón nos axude, nos apoie e nos acompañe con saúde, ánimo e cariño!

luns, 22 de febreiro de 2021

Onte, 21 de febreiro do 2021, foi o Día Internacional da Lingua Materna. Celébrase para promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. Desde o Cole orientamos e promovemos ao alumnado na transmisión da lingua galega na educación e na sociedade. Queremos sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, no diálogo intercultural, na cooperación, na consecución dunha educación de calidade e na preservación do patrimonio cultural.
Coidemos todas as linguas!

xoves, 18 de febreiro de 2021

luns, 15 de febreiro de 2021

Bailando no Entroido

 Máis sorpresas deste entroido! Todo o colexio aprendeu un baile, organizado polo profe Óscar, e o resultado non puido ser mellor! Non o puidemos desfrutar todos xuntos, pero bailando en diferentes espazos e momentos, e escoitando a música, sentímonos máis conectados.

 Leo León agradece a participación no reto das recreacións de portadas. Todas as fotos amosáronse na biblioteca para que cada grupo atopase o libro. As recreacións están tan ben feitas que souberon de inmediato que libro era. Houbo tamén un premio para os participantes! Aquí podedes ver o resultado.




 

 
 

 






 

  


 





  

 

Premios para os participantes! Noraboa polo traballo!