xoves, 30 de setembro de 2021

VOLCÁNS

 Debido ás durísimas imaxes que os nenos e nenas de 5º de Primaria están a ver en televisión, xurdiron unha chea de dúbidas acerca do que ocorre nunha erupción volcánica. Investigaron moito sobre o tema e presentaron a información obtida a través de manualidades e de realidade aumentada. Bo traballo!


venres, 24 de setembro de 2021

ROBÓTICA

O alumnado de 4º de Primaria inicia a súa aventura coa linguaxe da programación. As primeiras sesións adicáronas á montaxe dos robots.

O alumnado de 6º de Primaria aprenden a modificar código e programar con Scracth. Fixeron tamén o seu propio xogo Flappy Bird. Ademais programaron os seus robots para funcionar como semáforos, tanto para coches como para peóns.

Novo curso E-DIXGAL

O alumnado de 5º de Primaria comeza a dar os seus primeiros pasos cos libros dixitais.


venres, 17 de setembro de 2021

Grandes sorpresas

Queremos dar as grazas en nome de todos e todas a Isa e Duarte, os artistas que pintaron este precioso mural que decora o patio cuberto. Parece un espazo moito máis luminoso agora. De novo, moitísimas grazas por este marabilloso agasallo!!!