Conto escrito e ilustrado polo alumnado de 2º de Primaria, para a educación na tolerancia, a harmonía, a non violencia e a paz.
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
martes, 31 de xaneiro de 2023
luns, 30 de xaneiro de 2023
PAZ 2023
Un 30 de xaneiro máis celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Este curso empezamos o programa de actividades dunha maneira un pouco distinta: a paz como algo que comeza dentro de nós e achegamos aos demais.
A través do ioga, todas as nenas e os nenos de infantil e primaria, tentarán ver cara ao seu interior para atopar a paz e a calma que tanta falta fai nestes tempos. Hoxe 3º e 4º de primaria inauguraron as xornadas, mañá será a quenda de 1º. O próximo día 7 de febreiro todo o cole terá saudado ao sol.
venres, 27 de xaneiro de 2023
Unha mascota de cine
xoves, 26 de xaneiro de 2023
CAMPO A TRAVÉS
Primeira xornada de competición de campo a través na Avisoureira. Hoxe os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria mostráronnos a maxia que xorde ao unir meses de adestramento con toneladas de ilusión. Como sempre, foron todo un exemplo de deportividade e de respecto polo adversario. Algo ten que ver o profe Oscar con iso!
En fin, un día precioso para os nenos e nenas, para o profesorado e para as familias que se achegaron a animarnos. Grandes resultados para grandes deportistas: todos e todas remataron a carreira e gozaron dela, que é o máis importante para nós.
Non esquezades que mañá termina a competición coas carreiras de quinto e sexto de primaria. Non faltedes!
martes, 24 de xaneiro de 2023
PORTAS ABERTAS!!
O certo é que as portas do Feliciano Barrera están sempre abertas para quen queira coñecernos, pero este mes de febreiro estarano aínda máis.
O martes 7 de febreiro ás 16:00h e o mércores 8 de febreiro ás 10:00h temos organizadas unhas xornadas nas que, ademais de visitar o centro, contarémosvos cales son os piares básicos do noso proxecto educativo. Tamén responderemos encantados e encantadas a todas as vosas dúbidas ou inquietudes. Agardámosvos!!!
Agradeceriamos moito que compartísedes esta publicación. Grazas!!!
luns, 23 de xaneiro de 2023
O relevo de España
domingo, 22 de xaneiro de 2023
Volve Digicraft
Lembrades o programa Digicraft? É un proxecto que ten como obxectivo aumentar a competencia dixital das nenas e nenos de entre 6 e 12 anos. Ao mesmo tempo tamén ofrécenlles a posibilidade de descubrir se teñen unha vocación tecnolóxica.
Cada curso académico os centros poñemos en práctica un itinerario formativo composto por 14 actividades. Este curso, no Feliciano Barrera, centrarémonos na programación. Como sempre; a través do xogo, da comunicación, do traballo colaborativo e, por suposto, a diversión.