Amosando publicacións coa etiqueta Festival de cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festival de cine. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de maio de 2024

FESTIVAL DE CANS 2024

 


Un ano máis que paseamos os pezuños polo Cans Voulevar!
Esta vez, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivo a oportunidade de presentar unha das nosas curtametraxes: "O Cascabel da Gata".
Ademais, os nenos e nenas de segundo subiron ao "escenario" do jalpón para explicar as reviravoltas de produción da gata Benita.
Toda una experiencia!
Visionado de curtametraxes; charla acerca das profesións que se desenvolven ao redor do cine; photocall (photochimpín, mellor dito); percorrido pola aldea...
Agroglamour levamos e agroglamour deixamos!!!
Tedes ata o sábado 25 de maio para visitar o Festival de Cans!


venres, 23 de xuño de 2023

xoves, 22 de xuño de 2023

Un paseíño polo tempo

 Aquí vai a derradeira curta do ano. A que fixeron as nais e pais do cole.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!



mércores, 21 de xuño de 2023

HISTORIAS DE GULÁNS



Pois iso mesmo é o que se conta nesta curtametraxe: Historias de Guláns, historias de nenos e nenas que poderían estar no noso cole. Un traballo realizado entre distintos cursos para o Festival de Cine de Guláns. 

venres, 2 de xuño de 2023

Making off: "Non fai falta a voz"



Unha pequena mostra cómo os nenos e as nenas de Educación Infantil fixeron a curta baseada no conto "Non fai falta a voz"





 

xoves, 1 de xuño de 2023

E como se fixo a nosa curta? OS TRES PORQUIÑOS!!!

 Os nenos e nenas de 3º fixeron unha curtametraxe baseada no conto de "OS TRES PORQUIÑOS", pero un tanto peculiar, pois xa non hai rastro dos porquiños nin do Lobo Feroz, agora so vemos gatiños e unha temible Rata.

Xa vos ensinamos a curta, agora vai o Making Off, o traballo que os nenos e nenas de 3º pasaron para que quedara unha peli tan molona. 




 

luns, 29 de maio de 2023

OS TORNADOS

Non o sabíamos pero no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera hai catro superheroes ou quizais agora hai máis... Podemos comprobalo nesta curta realizada por parte do alumnado de 5º de Primaria para I Festival de Cine de Guláns. 

Os tres porquiños.... ou gatiños?

 As nenas e os nenos de 3º fixeron a súa versión especial do conto "Os tres porquiños". Ahí vai:



domingo, 28 de maio de 2023

O cascabel da gata. Como se fixo

 As nenas e nenos de 1º fixeron o videoclip "O cascabel da gata". Seguro que todos vós o escoitastes xa. Pero, queredes saber como o fixeron? Pois aquí queda o vídeo no que podedes ver todo o proceso creativo.





venres, 26 de maio de 2023

Curta de 2º Primaria: Sígueme.

 O alumnado de 2º de Primaria preparou unha curta do libro "Sígueme", coa técnica de Stop Motion. Unha adaptación do precioso conto, cheo de maxia, escrito por José Campanari e ilustrado por Roger Olmos. Unha historia de amor que non ten nada de raro.


A PROCURA DO TESOURO

 Curta realizada por parte do alumnado de 5º de Primaria para I Festival de Cine de Guláns. Nela un grupo de nenos deciden buscar un tesouro no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera e coa axuda do director do centro atoparan o maior tesouro que hai no centro.


xoves, 25 de maio de 2023

Non fai falta a voz


Curta realizada polo ciclo de educación infantil do colexio público plurilingüe Feliciano Barrero ao abeiro do programa " Nós tamén creamos" 

luns, 22 de maio de 2023

martes, 16 de maio de 2023

FESTIVAL DE CINE DE CANS

Hoxe tódalas clases de primaria visitaron Cans para coñecer desde dentro o seu famoso festival audiovisual. Por certo, lembrámosvos que se celebra esta semana, do 16 ao 20 de maio. 

Visitamos o Torreiro das Estrelas, onde xente tan famosa como Luís Tosar ou Luís Zahera deixaron as pegadas das súas patiñas (sen ofender) no chan. 

Tamén nos gustou moito o Muro dos Chimpíns, onde se pon en valor o traballo das persoas que axudaron a poñer en marcha o festival. 

Tomamos nota dalgunhas cousas e esperamos que o noso Festival de Cine de Guláns tamén teña moito éxito.

Un gran día de AGROGLAMOUR en Cans!!!







domingo, 23 de abril de 2023

SEMANA DA CIENCIA



 FEIRA DAS CIENCIAS:

O alumnado de sexto de primaria explicou pola mañá na biblioteca do cole aos seus compañeiros de infantil e primaria o que pola tarde expoñerían  a todo aquel que pasou polo seu stands en Ponteareas.

 O seu proxecto trataba sobre cine e incluía:

- Historía do cine (falaron de Charles Chaplin, Hollywood, Hermanos de Lumiere,…). Ensinaron un zootropo (feito por eles) e un praxinoscopio.

- Stop Motion (ensinaron os diferentes tipos de Stop Motion e como nas aulas do cole se leva a cabo este traballo para gravar diferentes curtos de animación. Os alumnos de 6º  levaron un exemplo con bonecos de plastilina)

- Efectos especiais (aplicaciones para incorporar efectos coa tablet, traumapatopo, cine en 3D, holograma)

- Chroma (explicaron e demostraron como se empregaba, Carmen de infantil e Lara de 2º foron ata Cancún, a alcaldesa transformouse en meteoróloga,…)

FIXERONO TODOS  DE MARABILLA!



domingo, 16 de abril de 2023

VII Semana das ciencias en Ponteareas

 


Esta semana próxima celebrarase en Ponteareas a VII semana das Ciencias. 

Ao longo da semana haberá moitas actividades e o venres o noso alumnado de 6º de Primaria estará nun estand mostrando o seu proxecto.

Animámosvos a achegarvos cos nenos e nenas ás distintas actividades.