mércores, 30 de xuño de 2021
mércores, 23 de xuño de 2021
Fin de curso
Finalizamos o curso coa despedida do alumnado de 6º curso. O luns tiveron a graduación e actuación na casa cultural da Avisoureira. Onte, no colexio, amenizado ademais por Cé Orquestra Pantasma (home orquestra). Ata pronto compañeiros e compañeiras! Moita sorte nesta nova etapa! Esperamos que a Primaria vos deixase unha chea de fermosas lembranzas. Tamén os/as maiores de Infantil pechan unha etapa e tiveron a graduación, mais ainda teñen moito que dar na Primaria. Tamén é a despedida da profe Reyes, despois de dez anos con nós. Dous días de emocións, nerviosismo e alegría por ter compartido grandes momentos nestes anos. Desexámosvos o mellor!
Non vos perdades a actuación de fin de curso de 6º!!!
luns, 21 de xuño de 2021
Galegando
luns, 14 de xuño de 2021
xoves, 10 de xuño de 2021
En Educación Infantil realizáronse diferentes proxectos neste curso:
En quinto e sexto, na súa volta ao mundo, foron rumbo a China e coñeceron a súa cultura tan rica e antiga. Practicaron cos paus chinos e escribiron o seu nome con carácteres chineses.
sábado, 5 de xuño de 2021
Lembramos todas as actividades traballadas nas letras galegas:
Recursos sobre Xela Arias:
Vídeo interactivo sobre Xela Arias
Actividades interactivas sobre Xela Arias: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/mod/page/view.php?id=4838
Genially:
https://view.genial.ly/604f7afade82e60da5bba009/presentation-xela-arias
https://view.genial.ly/605ce3411720160d9775c0c4/interactive-content-sala-de-fuga-os-segredos-de-xela
https://view.genial.ly/607ffcdc0cd6d30d0ea74b3b/interactive-content-xela-arias-letras-galegas
Xogo de preguntas: https://view.genial.ly/6089ef139a03840d0cc898f5/interactive-content-quiz-xela-arias-primaria-edlg-ceip-ramon-cabanillas
Xardín desordenado - Xela Arias
Hoxe escoitamos a un grupo que se chama Xardín desordenado. Os compoñentes son de Vigo, excepto unha cantante que é portuguesa. Nos últimos tempos, fixeron traballos adicando, cada ano, ao autor ou autora das letras galegas dese ano. O pai do noso profe Óscar é cantante e compositor. Este ano, compuxo a música e adaptou os textos da autora Xela Arias.
Actividade de Deporte Escolar Plan Proxecta: Golf no aeroclube de Vigo. O alumnado de 5º de Primaria aprenderon nocións básicas de reglamento, técnica e práctica de golpeos cortos e longos. A xornada foi dirixida por monitores do clube, en colaboración co titor do grupo e o profe Óscar de educación física.
En 4º de primaria, nas clases de inglés, estudaron a historia, a gastronomía e os costumes dunha chea de lugares do mundo: Nova York, Malta, Irlanda, a Illa de Wight... Debuxaron, pintaron e escribiron unha chea de información, exclusivamente en inglés.
En 1º e 2º de primaria prepararon unha exposición na sesión de plástica bilingüe, sobre a biografía e a obra de Vincent van Gogh e Joan Miró. Crearon, empregando diferentes técnicas, a súa propia visión de obras como “A noite estrelada”, “A habitación” e “Árbore na primavera”. De Joan Miró seleccionaron “As constelacións”, “A tartaruga” e “O Entroido de Arlequín”. En 4º de primaria, exploraron o mundo da escultura a través da obra de Joan Miró e con materiais reciclados, reproduciron a obra “Muller e Paxaro”.
mércores, 2 de xuño de 2021
Proxecto DigiCraft.
En quinto de primaria, nas primeiras sesións do Proxecto DigiCraft, descubriron que é un bot e utilizaron un para descubrir un personaxe secreto: Hedy Lamarr, actriz austríaca inventora da Wifi. Tamén comezaron a crear o seu propio espazo virtual coa app de DigiCraft. Na seguinte sesión, continuaron desenvolvendo actividades do programa DigiCraft, construíndo e deseñando os seus propios robots.

En sexto de primaria estrearon os robots que construíron xogando a “Os Robots Perdidos” no recuncho especial da biblioteca. Pola súa banda, en quinto de primaria, tiveron sesión dobre. Na primeira compartiron os seus mundos virtuais e buscaron diamantes, con moi bos resultados! Na segunda sesión, experimentaron co funcionamento da intelixencia artificial cunha nova aplicación.
Na súa última sesión, os alumnos e alumnas de quinto de primaria empregaron as tarxetas make make para dar vida ás súas maquetas de instrumentos musicais.