xoves, 10 de marzo de 2022

Xornada de Deporte Escolar

 Pouquiño a pouquiño, paso a paso, imos recuperando as actividades de Deporte Escolar. O luns, os nenos e nenas de 6º de Primaria, desprazáronse ao Pavillón Municipal Álvaro Pino para practicar badminton nunha actividade organizada polo Club de Badminton Ponteareas. Unha vez máis, Víctor ensinou ao noso alumnado o regulamento, técnica e táctica básicos do seu deporte. Tamén organizou xogos e un torneo ao longo da sesión. Moitas grazas po ungran día Víctor!



Ningún comentario:

Publicar un comentario