En 4º de primaria afeccionáronse moito á poesía. Ana non puido participar no vídeo anterior pero quixo gravar esta linda poesía.
mércores, 30 de marzo de 2022
venres, 25 de marzo de 2022
xoves, 24 de marzo de 2022
A maleta dos océanos.
mércores, 23 de marzo de 2022
Novidades na horta.
Os nenos e nenas de 2º de Primaria plantaron morotes na horta. Que ilusión! Todo se renova na primavera, tamén os proxectos e actividades.
O cultivo de morotes é moi agradecido, xa que cun par de coidados básicos, recompensarache cos morotes máis ricos, mellores que os do supermercado, que adoitan collelos un pouco verdes (senón non chegarían ben ao consumidor) o que impide que o amorodo produza todo o azucre que pode ter. Aos amorodos gústalles o sol e resisten unha ampla gama de temperaturas.
Moitas grazas a Hugo de 5º, por regalarnos as plantas. Pouquiño a pouquiño, tódolos cursos irán enchendo a nosa horta de froitos e ilusións.
martes, 22 de marzo de 2022
Semana das ciencias 2022.
Onte inauguramos a Semana das Ciencias ao grande. Xabier Prado levou a cabo un divertido xogo cos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, na biblioteca. Contamos tamén coa visita da alcaldesa de Ponteareas... e a semana só acaba de empezar!
luns, 21 de marzo de 2022
Concurso de Poesía
Leo León abre un concurso de Poesía en galego. Os participantes escribirán un poema, inventado, cunha extensión mínima de 12 versos, con rima. Engade o sentimento que queiras expresar.
O alumnado de 1º dannos uns consellos sobre como escribir un poema:
21 de Marzo día mundial da poesía
En 4º de primaria temos un grupo amante da poesía que este ano recoméndanvos o libro "Cantarolas" de Anisia Miranda e Xosé neira Vilas
domingo, 20 de marzo de 2022
venres, 18 de marzo de 2022
Saint Patrick's Day
17 de marzo: San Patricio é unha festividade moi importante en moitos países de fala inglesa. Por iso no Feliciano Barrera, os mestres e mestras de inglés e das seccións bilingües preparan actividades que ensinan aos nenos e nenas algunhas características da festividade.
Pattaya, a nosa auxiliar de conversa, preparou unha presentación explicando como é o día de San Patricio en USA e as clases de plástica tinguíronse de verde decorando "leprechauns" e trasgos varios.
Tamén en 5º e 6º de Primaria gozaron dunha "Procura do trevo", símbolo da boa sorte e representante das verdes paisaxes de Irlanda que, se o pensamos, son bastante parecidas ás nosas.
xoves, 17 de marzo de 2022
Baseball made in Guláns
Onte houbo partido de baseball en Guláns. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria mostraron ao resto do cole as súas habilidades co bate, que non son poucas!
Como homenaxe a Pattaya, a nosa auxiliar de conversa, procedente de California, un equipo representaba á selección estadounidense, mentres que o outro, por decisión do alumnado, era a selección galega.
Antes do partido escoitamos os himnos correspondentes, "The Star Spangled Banner" e "Os Pinos". Non faltou tampouco "Take me out to the ball game", himno do beisbol americano, que bailamos no descanso do partido.
Moitas grazas a Óscar, David e Pattaya por organizar esta estupenda actividade!
mércores, 9 de marzo de 2022
8 de marzo, Día da Muller 2022 e Semana da Prensa.
Igual: Adxectivo. (Persoa, cousa) que ten o mesmo valor, dimensión, estrutura, natureza, calidade, etc., que outra. Esta é a definición que a Real Academia Galega ofrece para a palabra igual, tan sinxela e complicada ao mesmo tempo. Este día, un ano máis, tinguimos o colexio de violeta para defender a igualdade entre nenos e nenas e lembrar que aínda existen demasiados lugares onde ser muller supón unha desvantaxe.
Este ano centramos as actividades en dar visibilidade ás achegas das mulleres ao longo da historia e na súa aparición na prensa escrita. No seguinte vídeo podedes ver os diferentes murais feitos en Infantil e Primaria, un traballo de biografías de mulleres relevantes, as mulleres da miña vida en Infantil e o conto de Rosa Caramelo, os lazos cor violeta que luciron todos e todas no colexio.
Nas seccións bilingües reivindican o Día da Muller vitoreando: "International Women's Day!".
No Club de Lectura de 6º, abordamos a lectura de "Trampa de lume", baseado na historia real do incendio da fábrica téxtil Triangle de Nova York, no ano 1911. No incendio morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito supuxo a loita das mulleres por un traballo digno e a conmemoración do 8 de Marzo.