mércores, 29 de maio de 2019

Visita de Paula Carballeira

Onte visitounos a escritora, contacontos e actriz galega Paula Carballeira. Foi unha honra poder contar con ela na nosa biblioteca. Con anterioridade os nenos mercaron o seu libro"Bruxa e familia", lérono, uns nas súas casas e outros na hora de lectura xunto aos seus compañeiros e deleitáronse escoitando as súas historias fantásticas. Ademais os nenos levaron o seu libro dedicado.

martes, 21 de maio de 2019

Día das letras galegas "Antonio Fraguas Fraguas"

Este ano o equipo de Normalización lingüística, organizou una actividade que consistía en vestir a dous maniquís, co traxe galego, utilizando todas as súas partes. Nela participamos todo o colexio. Y para seguir a festa, gozamos cun home orquestra "Cé orquestra pantasma", que fixo as delicias dos nenos/as, tocando unha chea de instrumentos e facendo cantar e bailar a todo o público infantil e non tan infantil.

LETRAS GALEGAS 19 from Radio Televisión Leo León on Vimeo.

mércores, 15 de maio de 2019

Saudamos á primavera cun taller de Hervé Tullet

Este ano a biblioteca Mercou un libro moi interesante para o profesorado,titulado: "Diviértete: talleres de arte con Hervé Tullet”. Na aula de 3º de primaria, a titora levou a cabo un destes talleres e o resultado foi espectacular, así como a reacción dos nenos durante a hora e 30 minutos que durou o taller.

martes, 7 de maio de 2019

O xogo na arte

Os nenos de 3º de primaria fixeron un proxecto sobre os xogos na arte, que forma parte do proxecto  proposto pola biblioteca do cole titulado "os xogos" e que se  leva a cabo nas diferentes aulas. O proxecto resultou moi interesante e grazas a este proxecto os nenos do cole puideron coñecer máis de preto ao pintor Holandés Pieter Brueghel e ao seu cadro titulado "Xogo de nenos". Os nenos traballaron moito e moi ben. Noraboa

Vídeo da presentación

venres, 3 de maio de 2019

Concurso de carteis

Este ano fixemos un concurso de carteis feitos en familia para animar aos compañeiros a ler.
Todos os participantes tiveron un agasallo.

xoves, 2 de maio de 2019

Libros ao patio

Durante a semana do libro, celebramos a lectura lendo todos xuntos no patio na hora de ler

mércores, 1 de maio de 2019

Video da semana do libro

As aulas do cole homenaxearon aos libros e contos na semana do libro,a través dun fermoso video gravado por todos os nenos do cole