xoves, 17 de marzo de 2022

Baseball made in Guláns

 Onte houbo partido de baseball en Guláns. Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria mostraron ao resto do cole as súas habilidades co bate, que non son poucas!

Como homenaxe a Pattaya, a nosa auxiliar de conversa, procedente de California, un equipo representaba á selección estadounidense, mentres que o outro, por decisión do alumnado, era a selección galega.

Antes do partido escoitamos os himnos correspondentes, "The Star Spangled Banner" e "Os Pinos". Non faltou tampouco "Take me out to the ball game", himno do beisbol americano, que bailamos no descanso do partido.

Moitas grazas a Óscar, David e Pattaya por organizar esta estupenda actividade!

Ningún comentario:

Publicar un comentario