venres, 20 de maio de 2022

Xeo e arte.

 Impactados e impactadas deixáronnos en Educación Infantil coa súa última creación: pinturas con xeo! Nunha primeira fase tinguiron auga con distintos colorantes e, pouquiño a pouquiño, fórona botando en cubetas de xeo. Despois de 24 horas de espera, recolleron os cubiños do conxelador da sala de profes e... listo! O seu orixinal instrumento de pintura xa estaba preparado! Podedes ver que conseguiron uns preciosos tons e degradados nas súas obras.




Ningún comentario:

Publicar un comentario