mércores, 18 de maio de 2022

Matemáticas manipulativas.

 En ocasións parece que só os máis pequenos e pequenas necesitan ver e tocar para aprender, pero non é certo. Conceptos tan abstractos como ángulo obtuso, adxacente, ou consecutivo, son difíciles de adquirir só a través da palabra ou dunha imaxe. En 5º de Primaria, sempre tan creativos e creativas, constrúen estes coñecementos a través da práctica cun xeoplano. Ás veces, os instrumentos máis sinxelos son os máis útiles.


Ningún comentario:

Publicar un comentario