martes, 31 de maio de 2022

Última edición.

 Se atopades un exemplar do noso querido Quinto Informa non o deixedes escapar, que a de maio é a última edición que se publica este curso. Como xá é de costume, tamén neste número inclúense ricos e variados contidos: curiosidades da Idade Media, actividades das letras galegas, pasatempos... Dúas noticias destacan sobre as demais pola carga emocional que trouxeron consigo: a despedida de Pattaya, a nosa auxiliar de conversa, e o regreso dos recreos compartidos. Por primeira vez, desde marzo de 2020, os nenos e nenas poden xogar con outros alumnos e alumnas que non son da súa clase, poden saudar ao irmán maior ou vixiar que a curmá pequena coma a merenda, poden volver tol@s aos profes co barullo do patio cuberto... Poden, en fin, facer moitas cousas e, de todas elas, fálase en Quinto Informa, xornalismo de calidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario