martes, 17 de maio de 2022

Letras galegas 2022

 Feliz día das Letras Galegas!

Un ano máis, no Feliciano Barrera preparamos unha chea de actividades para coñecer ao autor ou autora homenaxeada, nesta ocasión, Florencio Delgado Gurriarán.

Os nenos e nenas do cole pasaron, a última semana, gozando na biblioteca da lectura de libros en galego e investigando sobre os distintos autores e autoras.




Tamén crearon un precioso mural co tema "O bonito da Nosa Lingua". Nel decoraron as súas linguas coas súas palabras favoritas en galego.

O alumnado de infantil elaborou un mural coa bandeira de Galicia e o homenaxeado deste ano.


Como actividade final, todos os cursos participaron na Xincana da Igualdade, preparada polo grupo Dínamo. Tan educativa como divertida! Agradecemos á ANPA San Xulián a súa significativa achega económica para contratar ao grupo, tanto nesta ocasión como no día do libro, cando puidemos gozar da actuación da Xanela do Maxín. Moitas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario