venres, 13 de maio de 2022

Novidades de Maio

 A biblioteca énchese de libros e xogos neste mes.

Temos libros que traballan as emocións: a historia de "Juul" convídanos a reflectir sobre a crueldade e a violencia que, cada vez con máis frecuencia, se da entre os propios nenos e nenas. "A princesa que bocexaba a todas a todas horas" subliña o valor da amizade, xa que nada alegra máis o corazón que un bo amigo ou amiga. "E se morrer fose como convertirse en bolboreta?" é un libro ilustrado esencial para que nenos e nenas expresen as súas preguntas, os seus medos e ideas sobre a morte.

"Milú" relata as vivencias dunha nena en situación de desventaxa social e que non pode desfrutar do seu dereito a vivir en familia, pero a súa historia lémbranos que existe un lugar para a esperanza. "Ponte no meu lugar" ensínanos o valor da empatía, da popular autora Susanna Isern. "Sombrerería máxica" resalta a importancia de ser un mesmo e de descubrir os tesouros que levamos escondidos no noso interior. "Lucía e os seus amigos" é un libro inclusivo que trata a amizade, o compañeirismo e a xenerosidade.

Continúa a saga de "Cando as nenas voan alto" Se queres cambiar o mundo ao grande hai que comear polas cousas pequenas. "Todos menos un" amósanos que atreverse a ser diferente ten un alto coste, pero tamén unha gran recompensa. "Eres luz" é unha historia onde a conexión coa propia luz é o vínculo do amor incondicional para crecer feliz.

Adicamos espazos a biografías de mulleres, coma o libro "Jane Austen", "Leila" No libro "As chicas van onde queren", poderás atopar 25 superaventureiras que mudaron o mundo e  agora chega o momento de homenaxealas. Tamén temos audiocontos: "Un conto propio" son historias para escoitar heroínas por descubrir.

"Caixa de contos" é un xogo para crear historias a partir de imaxes, con 20 pezas de puzzle. Un xeito divertido de estimular a imaxinación dos máis pequenos. "Un xogo" de Hervé Tullet, é un xogo para estimular a memoria, a concentración e a imaxinación, xa que hai que memorizar as formas e os detalles para formar parellas e asociar as cartas entre elas para facer camiños. 

Temos a disposición 2 xogos en galego: "Ophiusa" e "Arume xogal", que nos ensinan parte da cultura galega. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario