sábado, 28 de maio de 2022

Entrega de premios Carteis Inclusivos.

 Xa foi a entrega nas aulas de 2º, 4º e 5º de Primaria os premios do I Concurso de Carteis Inclusivos do Feliciano Barrera. O importante é que, cando pedimos ao alumnado que crease mensaxes de apoio para @s demais, a ninguén lle faltaron as palabras: "non estás só", "non estás soa", "ven a xogar conmigo", "ti es forte"... e tantas outras mensaxes que nos encantaron. Agora os mestres e mestras tentaremos que as palabras saian do papel e cheguen ás persoas que necesitan escoitalas. Obxectivo: Bullyng 0%!

Foi moi fermoso ver como os nenos e nenas aplaudían e felicitaban aos gañadores e gañadoras recoñecendo o seu esforzo. Tanto o alumnado que recibiu premio como o que non, triunfaron. Parabéns.





Ningún comentario:

Publicar un comentario