xoves, 19 de maio de 2022

Letras galegas en música.

 O profe Ralph fálanos dun familiar que aparece no libro "Os segredos da gaita" de Xosé Lois Foxo. Trátase do seu tataravó, o gaiteiro Xan Míguez González.



Na clase de música traballaron os instrumentos e xéneros musicais, no vídeo pódese ver un exemplo. Aprendemos a tocar un ritmo básico de muiñeira coas vieiras e pandeireta, coa clase maxistral de Pablo de 2º de Primaria. Ademais de bailar uns puntos de muiñeira, tamén cantamos a canción "Maio".
O alumnado de 5º e 6º practicaron o rancho de Reis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario