martes, 24 de maio de 2022

Con tódolos sentidos.

 En Educación Infantil, os nenos e nenas aprenden facendo tocando, vivenciando... polo que tentamos ofrecerlles o maior número posible de experiencias e sensacións. Nesta ocasión puideron probar que se sinte introducindo mans e brazos en pequenas bolitas de silicona de cores, elaboradas previamente. Brando, duro, quente, frío, suave, pegañento.... unha chea de vocabulario para aprender e empregar con precisión.


Ningún comentario:

Publicar un comentario