luns, 3 de outubro de 2022

Digital week

 Xa están de volta os nenos e nenas de sexto de primaria. Como a maioría de vós xa saberedes, estiveron en Gandarío gozando do programa de actividades da Dixital Week. Toda unha semana de novas tecnoloxías e de inmersión lingüística en lingua inglesa. Creo que levan falando sen parar desde onte ás 8:45: que se a programación, a impresora 3D, os robots, os xogos, a noite de baile… Toda unha experiencia e, ao mesmo tempo, todo un reto porque moitos deles e delas nunca pasaran tantos días lonxe das súas familias. Parabén, mozos e mozas, fixéstelo moi ben!






Ningún comentario:

Publicar un comentario