Parecidos razoables.
Que temos en común os seres humanos cos vermes? Ou cos espárragos? En sexto de primaria responderían moi rápido a estas cuestións porque están a estudar en ciencias naturais que todos os seres vivos estamos formados por células; uns por moitas, como as persoas; e outros por unha soa, como unha bacteria. Para representar todos os coñecementos adquiridos fixeron maquetas dos dous grandes tipos de células, as animais e as vexetais. Bo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario