Comezamos o curso coas seguintes novidades:
Coma sempre, as últimas edición do Xornal O Papagaio e as
revistas Caracola, Reportero Doc e English Junior.
Para os maiores, continuamos con 5 tomos máis da exitosa
saga dos “Futbolísimos”, de Roberto Santiago. Unha colección divertida,
atractiva, de aventuras, valores, amizade e fútbol; un acerto, sen dúbida.
Da man da tradutora Patricia Buxán, chéganos a versión en
galego de Heidi, con detalladas descricións dos Alpes, a chegada dunha cativa á
cabana do avó cambiará a súa vida para sempre.
Non nos esquecemos dos libros de lectura fácil: “A que sabe
a lúa?” escrito con pictogramas, nin dos libros inclusivos, como a colección de
Amor de familia, con textos moi emotivos e ilustracións preciosas. A
amabilidade é o meu superpoder, realmente é a habilidade máis grande que nenos e
nenas poden aprender. O león e o paxaro
é unha historia de amizade, empatía e soidade. Neko adéntranos no mundo da violencia
de xénero.
Para relaxar contamos cun libro para interpretar con sons,
uns versos da poeta Gloria Fuertes e un recetario máxico.
Este curso viviremos unhas lecturas para pasalo de cine!
Ningún comentario:
Publicar un comentario