Polo Día da Saúde Mental, o alumnado de Infantil e Primaria traballou o conto “O poder das palabras. Aprendendo a ser feliz” de Soledad Carmona e Paco Ortega. Comprendimos que algo tan sinxelo como as palabras poden ser á vez máxicas e afectar ao noso estado emocional. Aprendimos a utilizar esa maxia para saber enfrentarnos a diversas situacións, ser máis positivos, optimistas e felices.
Despois da lectura do conto, escribimos as palabras que nos
fan felices e compartímolas con Leo León como apoio para unha boa saúde mental.
Leo León agradécevos a todos e todas as vosas palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario