domingo, 28 de marzo de 2021

 Esta semana celebramos o Día Mundial da Poesía, 21 de marzo, chamado a Primavera dos Poetas e o que queremos é promover o ensino da poesía nos medios de comunicación, para que non se considere unha forma anticuada da arte, senón unha vía de expresión e reestablecer o diálogo entre poesía e outra manifestación artística como é a pintura. No patio expoñemos as ilustracións duns poemas traballados nas aulas e na que o alumnado creou unha imaxe atractiva da poesía. Os poemas son "Luna, Lunerita" de Elvira Lindo, "Ring, Ring...! de Ana María fernández, "O reloxo da parede" de Fernando González Graña, "Viaxe" e "Arco da Vella" de Xoán Neira.




Na biblioteca recomendamos libros de diferentes editoriais para empaparse de poesía.

Para fomentar a tradición oral de recitais poéticos continuamos cun agasallo moi especial: un poema recitado por Martina (2º Primaria) da súa propia autoría. Bravo Martina!

Ningún comentario:

Publicar un comentario