xoves, 22 de outubro de 2020

 Hoxe "Leo León", a nosa mascota da biblio, agárdanos cunha sorpresa, un "kamishibai", que literalmente en xaponés significa "teatro de papel". É unha forma de contar contos moi moi antiga dentro da tradición oral das narracións xaponesas. Remóntase ao século XII. Outro día profundizaremos un pouco máis nesta magnífica técnica ancestral que hoxe en día mantén a súa vixencia e é un estupendo recurso educativo. @s alumn@s de 2º de Primaria realizaron unha actividade de kamishibai para os seus compañeir@s de 1º de Primaria na biblioteca do cole. Escollimos o conto titulado "O sastreciño valente" dos Irmáns Grimm, un clásico da literatura infantil universal. Esta foi a nosa primeira experiencia lectora con este recurso. Todos quedamos con ganas de máis historias contadas a través do "butai" ou "xanela de madeira" e de que pronto "Leo León" nos volva a reunir na biblio do cole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario