Amosando publicacións coa etiqueta Ciberseguridade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciberseguridade. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de novembro de 2025

PLENO INFANTIL NO CONCELLO DE PONTEAREAS

 


Nova sesión preparatoria para o Pleno Infantil no Concello de Ponteareas.
A temática, sen dúbida, xera debate; pero resulta fundamental a día de hoxe: Os nosos dereitos dixitais.
Alumnos e alumnas propuxeron distintas medidas como, por exemplo, a construción dun cíber como espazo seguro de dixitalización ou a creación, por parte do Concello, de aplicacións educativas que non supoñan riscos para os cidadáns e cidadás.
O alumnado de 5º e 6º de primaria segue avanzando na reflexión e na capacidade de poñer palabras ás súas ideas e necesidades.
Parabéns!

sábado, 25 de outubro de 2025

CIBERLIGA 2025

 


A semana pasada as nenas e os nenos de 5º e 6º de primaria puxeron a proba os seus coñecementos sobre ciberseguridade na V Edición da Ciberliga.
Tiñan todos os conceptos ben fresquiños despois das sesións formativas do programa Dixitalización sen Límites e notouse.
Non foron os máis rápidos e rápidas nas súas respostas, pero demostraron o máis importante: que teñen ben adquiridos e asentados os conceptos básicos para un uso seguro da internet.
Parabéns a todos e a todas!!!

martes, 21 de outubro de 2025

DIXITALIZACIÓN SEN LÍMITES

 



O xoves pasado os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria tiveron a última das catro sesións do programa Dixitalización sen Límites.
Os contidos do programa son, a día de hoxe, imprescindibles para unha formación integral do alumnado: conceptos básicos sobre tecnoloxía; identidade dixital; ciberacoso; vantaxes e perigos da intelixencia artificial; creación de contidos con distintas aplicacións; vídeo chamadas seguras...
Con actividades así é máis fácil iniciarse no mundo dixital con garantías e seguridade. 

venres, 18 de outubro de 2024

Concurso de ciberseguridade


Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria participamos este martes nun concurso de ciberseguridade. A prendemos o que se pode facer eo que non. Como por exemplo que é o que debemos facer cando nos aparece unha mensaxe dun descoñecido, cando nos piden una foto en pixama, cales son as contrasinais seguras ...
Pasámolo moi ben, foi divertido e fixémolo xenial no concurso.

Somos un bo equipo!!


xoves, 22 de febreiro de 2024

CIBERSEGURIDADE NA BIBLIOTECA

 



Unha axente da garda civil explicou aos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria nocións básicas sobre ciberseguridade e boas prácticas na rede.
A tecnoloxía chegou para quedar e por iso é tan necesario ensinar aos nenos e nenas a utilizala con precaución e respecto, tanto a si mesm@s como aos demais. 
Con prevención, educación e acompañamento promovemos un uso san das tecnoloxías da información e da comunicación. 

mércores, 16 de novembro de 2022

Ciberseguridade na escola

 As nenas e nenos de quinto de primaria levan semanas preparando a súa participación na segunda edición do concurso Ciberseguridade no Cole. Viron vídeos, reflexionaron, comentaron as súas ideas… Esta semana puideron ao fin poñer en práctica os coñecementos adquiridos e fixérono realmente ben. O máis importante é que son un pouco máis conscientes dos riscos que entraña o uso de medios dixitais e dispoñen de máis ferramentas para afrontalos. Parabéns!!!