Amosando publicacións coa etiqueta Día da infancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da infancia. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de novembro de 2025

PLENO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA

 


Onte celebrouse unha importante cita anual para nós: o Pleno da Infancia e da Adolescencia do Concello de Ponteareas.
Despois dun gran traballo de reflexión e de redacción chegou o momento da exposición. Anxo e Xoel, de 5º e 6º de primaria respectivamente, representaron ao centro explicando as propostas e ideas recollidas respecto a Dereitos Dixitais e outras cuestións que preocupan ao noso alumnado. Fixeron unha exposición realmente estupenda!
Eles tomáronse moi en serio a súa responsabilidade como representantes electos do Feliciano Barrera, agora tócanos aos adultos tomarnos en serio as súas opinións, propostas e reflexións.
Grazas ao Concello de Ponteareas por organizar esta actividade e por convidarnos un ano máis. Dar voz aos nenos e nenas é imprescindible para mellorar e seguir avanzando como comunidade. 

mércores, 29 de novembro de 2023

20 de novembro. Día mundial da infancia

 Todas as nenas e nenos elaboraron nas súas aulas unhas caixas que fan mención a diferentes dereitos da infancia. Adornáronas e agora despois dun gran traballo en equipo, gozan con elas durante os recreos na biblioteca de Leo León.

Presentamos os libros coa temática do Día da Infancia:
Educación infantil cóntanos nun podcast o libro "Ti importas" de Christian Robinson:

domingo, 20 de novembro de 2022