Amosando publicacións coa etiqueta horta escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horta escolar. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de maio de 2025

mércores, 26 de abril de 2023

DE VOLTA Á HORTA

Xa asoman os primeiros amorodos na horta de primeiro de primaria e, con eles,  a ilusión de novos froitos. Todos e todas falan con orgullo das leitugas que plantaron. De súpeto, o que máis lles apetece comer é unha ensalada! (Aproveitade a ocasión, familias)

Todos os días regan, miden, observan e aprenden unha chea de conceptos. Especialmente, están aprendendo que todas as plantas medran con auga, sol e moita paciencia. 

Iremos informando dos seus avances.