Amosando publicacións coa etiqueta mochilas viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mochilas viaxeiras. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de outubro de 2025

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A ANDAINA

  Non hai mellor maneira de celebrar o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES que recollendo as mochilas viaxeiras.

O 24 de outubro, para celebrar esta efeméride, reunímonos todo o cole na biblioteca con Leo León. Os axudantes da biblio presentáronnos este día tan importante, cantaron o rap das normas da biblioteca e repartieron as mochilas viaxeiras a cada grupo.

Agora tócanos disfrutar das lecturas e compartirlas coas nosas familias na casa.

Gocemos da lectura!



sábado, 25 de outubro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS 2025

 


O 24 de outubro sempre é un día especial no Feliciano Barrera.
Celébrase o Día Internacional das Bibliotecas e todo o alumnado do centro reúnese na biblioteca de Leo León para lembrar as normas a ritmo de rap, para iniciar a primeira viaxe das mochilas viaxeiras, para orientar a novos usuarios e usuarias...
Os nenos e nenas de 6º de primaria estreáronse no seu primeiro acto oficial  como responsables de biblioteca. Non puideron facelo mellor!
Este curso gústanos especialmente o lema: "Contra a desinformación: bibliotecas". Aí estaremos, contribuíndo a fomentar o espírito crítico e a capacidade de distinguir a información veráz da que non o é. 

martes, 29 de outubro de 2024

Noticias breves


Concurso de poesía ANOMAR:

En 6º fixemos uns poemas para o concurso de poesía ANOMAR coa técnica de corte e

logo, por grupos, mellorámolos. Estes días saberemos quen gañou o concurso de

poesía.

Que nervios!


Mochilas viaxeiras:

O día internacional das bibliotecas escolares, os axudantes de biblioteca entregamos as

mochilas viaxeiras e aos máis pequenos presentámoslles a leo león e logo mostrámoslles as normas da biblioteca a través dun rap que compuxemos nós mesmos.


Galicia sabe a mar:

O día 23 viñeron uns rapaces que nos deron a probar produtos galegos un pouco

distintos, como os mexillóns con galleta mariñeira e unha salsa de fabas da Lourenzá.

A uns gustounos máis que a outros ... pero o importante e probar.

xoves, 24 de outubro de 2024

Dia das bibliotecas escolares; entrega de mochilas viaxeiras

 Hoxe celebramos o día das bibliotecas escolares. Todo o alumnado e todo o profesorado reuniuse na biblioteca para celebrar este día. 

Durante esta celebración coñecemos mellor aos axudantes da biblioteca e as súas innumerables tarefas. Ademais, lembráronnos cantando un Rap as principais normas que deben cumprir tódolos usuarios da biblioteca. Fixérono fenomenal, como todo o seu traballo feitoo ata agora.

Por último, os axudantes repartiron as anheladas mochilas viaxeiras a tódolos niveis do cole.