O equipo de biblioteca recomenda estes fantásticos libros para toda a comunidade educativa.
Desexámosvos unhas felices vacacións
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
O equipo de biblioteca recomenda estes fantásticos libros para toda a comunidade educativa.
Desexámosvos unhas felices vacacións
Xa chegamos a fin de curso, e tamén ao último reto deste club: presentar as nosas mascotas! Neste Padlet que creamos poderedes coñecer aos peludiños da nosa familia. Que importantes son nas nosas vidas, e que importante é coidalos!!
Curriño tamén atopou o seu fogar. Que tal lle irá? Esperamos poder volver noticias del algún día. Adeus!!
Neste último trimestre, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria participaron na actividade da Vila Do Mañá da man de Post arquitectas. Trátase dun obradoiro de arquitectura, urbanismo e paisaxe dirixido a nenos e nenas en idade escolar.
O resultado final, un taboleiro xigante no noso patio cos lugares máis emblemáticos da nosa contorna.
Hoxe recibimos
as nosas profesións en Un Cofre Cheo De Paixón Compañía De Ópera.
Nós somos intérpretes : Marcos, Lara F, Lara P, Catalina e Amber.
O noso traballo será escribir o guión e interpretar a nosa ópera.
Xa temos as profesións da nosa compañía de ópera!
Somos André e Aleix de quinto e imos ser os produtores.
Ao longo do curso que ven imos dedicarnos a produción, rexedoría, información e comunicación.
Hoxe por fin sabemos as nosas profesións en UN COFRE CHEO DE PAIXÓN COMPAÑÍA DE ÓPERA. Somos Anxo, Pablo e Jorge e imos comprometernos a facer un bo traballo e axudar á compañía compoñendo as cancións e tocando a música en directo.
Somos deseño visual de "Un Cofre Cheo De Paixón Compañía De Ópera", Dylan, Giulia e Ricardo.
Nós facemos a escenografía, para interpretar o que sucede, a iluminación, para iluminar nos momentos importantes, o vestiario e a caracterización, para que os interpretes se vexan mellor na obra.
O noso traballo consiste en que a xente desfrute e comprenda o que sucede no escenario.
Respondemos aos Curriños!
Recibimos carta dos nosos compis de Mondariz Balneario con preguntas para nós, así que puxémonos mans á obra para responderlles. Eles tamén nos enviaron as súas respostas, e parece que estiveron moi atentos durante a lectura!!
O libro está chegando a súa fin. Que pasará con Curriño?? Pronto o descubriremos, e tamén o reto final. Que intriga!!
Os nenos de segundo volveron a enfrentarse a un novo reto. Tiveron que escribirlles unha carta aos nenos de 2° do outro cole para facerlles preguntas sobre o libro. Estarían atentos??
A carta xa vai rumbo a Mondariz - Balneario.
Agardamos pronto a súa resposta!
Este tercer trimestre lemos no Club de Lectura de sexto o libro da Señorita Bubble, de Ledicia Costas. Como actividade complementaria á lectura, fixemos de maneira individual a ficha postlectora e, de maneira grupal, este mural que contén elementos da narrativa e demais datos do libro.
Rematado o mes de maio chegamos ao final deste proxecto cheíño de arte e emocións, emocionarte.
Neste último mes de maio adicámoslle tempo á calma e á serenidade coas obras de Os nenúfares de Monet, A xoven da Perla de Vermeer, A dama do armiño de Leonardo Da Vinci e en escultura, O gran Buda de Kamakura.
Entre as propostas deste mes tiñamos a montaxe dun nenúfar, modelar un Buda en plastilina e algunhas mandalas que nos levaron a tan ansiada calma.
Nestes último trimestre, os nenos e nenas de 2° estamos levando a cabo un Club de Lectura xunto cos alumn@s de 2° do CEIP Mondariz - Balneario. "Curriño", que así se chama o libro, xa nos propuxo un reto antes de comezar a lectura: grabarnos un video para poñernos cara e coñecernos. E nós que somos moi ben mandadiños, puxémonos mans a obra co noso video. Que vos parece?
Agardamos ter pronto novas noticias de Curriño e novos retos.
Pechando xa o proxecto competencial de 4º de primaria, o alumnado preséntanos os tres museos nos que estiveron traballando por equipos: O MUSEO DO PRADO, O MUSEO DO LOUVRE e O MUSEO DE VAN GOGH. Unha vez seleccionado o museo no que querían traballar, pescudaron datos sobre localización, antigüidade, prezo da entrada, días de apertura... Máis tarde seleccionaron tres obras da colección de cada museo e puxéronse mans á obra para pescudar autor, data, materiais, técnica, interpretación...
Uns auténticos investigadores de arte, quereres saber máis? Achegádevos aos seus lapbooks para coñecer os seus traballos.
Rematamos o mes de abril que adicamos a VERGOÑA E ORGULLO. Coñecimos as obras de Max Kingler, Tutmose e, de novo, Picasso.
O alumnado tratou de pensar en logros persoais dos que estiveran orgullosos, ilustraron a vergoña e escribiron mensaxes para comprender e empatizar a vergoña noutras personas.
Agora adentrámonos no último mes de proxecto, maio será o mes da calma e a serenidade.
Onte, 27 de abril, participamos na xuntanza de clubs de lectura dos colexios e institutos de Ponteareas, Rede Bibliotea. O alumnado participou en diversos obradoiros rotativos de diferentes temáticas e recital de poesía.
O noso Centro propuxo obradoiros relacionados co proxecto anual de Centro, emocións e arte
Durante a SEMANA ADICADA AO LIBRO na biblioteca de Leo León houbo moita actividade: Leváronse a cabo APADRIÑAMENTOS LECTORES con moitísimo éxito.
Os nenos e nenas compartiron libros durante o tempo de lectura pero non so eso, tanto padriños como apadriñados intercambiaron cartas, manualidades e tarxetas feitas con moito agarimo e que de seguro serán un gran recordo.
Seguimos pirateando no Feliciano Barrera. Hoxe, 23 de abril, día do libro, o alumnado disfrutou dun contacontos moi pirata por parte de Lalá Teatro.
Colaboraron en equipo coa pirata Nina para atopar o tesouro, superando probas e aventuras na nosa biblioteca e atopando contos que eles mesmos crearon.
FELIZ DÍA DO LIBRO
Non hai maior tesouro que un bo libro. Xa o saben moi ben tódolos nenos e nenas do noso cole.
Pensaron no seu libro tesouro, ese co que disfrutan moito e que lerían milleiros de veces, reproduciron a portada e escribiron os datos do autor e ilustrador.
Quedáronlles uns libros tesouro de moito valor ata que… chegaron os piratas!
Eses piratas axudantes da biblio de Leo León percorreron as aulas co seu cofre en busca dos tesouros pero… tranquilos! Leváronos a bo recaudo. Atópanse na nosa biblioteca, agora si, tódolos tesouros están baixo vixilancia do mellor gardián de biblioteca, Leo León.