No club de lectura dos Leo Lectores leron "Clara e o enigma de Tihapia", de Ainoa García. Unha vez lido o libro, e para conmemorar o día da Muller e a Nena na Ciencia, traballaron unhas actividades asociadas ao libro como creación de anagramas, biografías, kahoots... Ademais aprenderon o que son as materias STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), durante moito tempo negadas ás mulleres e que agora son unha opción formativa independientemente do seu xénero.
Ola! Eu son Leo León, rei da sabana e da bilioteca do cole. Convídovos a entrar no meu mundo máxico. Aquí atoparedes o que moitas persoas imaxinaron e escribiron ... Imaxinade vós tamén!
mércores, 19 de febreiro de 2025
mércores, 6 de novembro de 2024
ENTRE O MAR E AS ESTRELAS
sábado, 25 de novembro de 2023
Biblioteca Creativa - Creación circuíto paralelo - Día da Muller
Polo Día Internacional da eliminación da violencia contra a Muller, o alumnado de 6º de Primaria inventou varios circuítos en paralelo, para poder acender máis dunha luz cunha soa pila, e así, dar iluminación ás imaxes en papel sobre a canción "E ti, só ti ".
Conectamos o extremo "+" dos diferentes LEDs á cara "+" da pila e os extremos "-" dos LEDs á cara "-" da pila. Así se conectan LEDs en paralelo.
Precisaron cinta de cobre, pilas de botón, LEDs e clips de pinza. Todos os modelos foron creados polo alumnado!
venres, 24 de novembro de 2023
CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES - I OBRADOIRO DE BIBLIOTECA CREATIVA
domingo, 23 de abril de 2023
SEMANA DA CIENCIA
FEIRA DAS CIENCIAS:
O alumnado de sexto de primaria explicou pola mañá na biblioteca do cole aos seus compañeiros de infantil e primaria o que pola tarde expoñerían a todo aquel que pasou polo seu stands en Ponteareas.
O seu proxecto trataba sobre cine e incluía:
- Historía do cine (falaron de Charles Chaplin, Hollywood, Hermanos de Lumiere,…). Ensinaron un zootropo (feito por eles) e un praxinoscopio.
- Stop Motion (ensinaron os diferentes tipos de Stop Motion e como nas aulas do cole se leva a cabo este traballo para gravar diferentes curtos de animación. Os alumnos de 6º levaron un exemplo con bonecos de plastilina)
- Efectos especiais (aplicaciones para incorporar efectos coa tablet, traumapatopo, cine en 3D, holograma)
- Chroma (explicaron e demostraron como se empregaba, Carmen de infantil e Lara de 2º foron ata Cancún, a alcaldesa transformouse en meteoróloga,…)
FIXERONO TODOS DE MARABILLA!
martes, 18 de abril de 2023
A función de nutrición
Os alumnos e alumnas de 5º de primaria traballaron duramente para mostrarvos que acontece no noso corpo cando comemos, que aparatos interveñen, para que serve e por que é necesario comer saudablemente. Ademais aportan uns consellos para levar unha vida sa
domingo, 16 de abril de 2023
VII Semana das ciencias en Ponteareas
Ao longo da semana haberá moitas actividades e o venres o noso alumnado de 6º de Primaria estará nun estand mostrando o seu proxecto.
Animámosvos a achegarvos cos nenos e nenas ás distintas actividades.
sábado, 11 de febreiro de 2023
MULLER E CIENCIA
Hoxe, sábado 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Por iso onte, no colexio, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron unha visita moi especial. Mª Ángeles Pena Gallego, especialista en Química Cuántica, explicounos como, aínda que sempre houbo mulleres científicas, no pasado o seu traballo era ninguneado e mesmo roubado por unha contorna completamente masculinizada.
Hai moitas cousas que poden condicionar a vocación académica das persoas, non debemos permitir que a identidade de xénero sexa unha delas. Queremos homes e mulleres en todas as ramas do saber e do traballo!
martes, 1 de novembro de 2022
Novidades de novembro.
Novembro chega cheo de novidades, na que non poden faltar as historias emotivas de amor (Filla), de dor (Zimbo) de aceptación (Nariz de Ouro) e poesía (Canta miña rula, canta). Tampouco esquecernos dos contos clásicos (Os sete cabritos, A princesa do Caurel), fantásticos (Sopa de rato), de estereotipos (Non todas as nenas lles gusta o rosa), nin os de misterio (Amanda Black).
Pero este mes queremos centrarnos nas novidades científicas para contribuír ao mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares: Así poderedes coñecer máis sobre o cambio climático, as estrelas, a toupiciencia e os experimentos científicos, que nos promoven a curiosidade e amosan o importante que é facérmonos preguntas para aprender e avanzar.













