Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSOS E COMPETICIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSOS E COMPETICIÓNS. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xuño de 2026

X CAMPIONATO DE XADREZ FELICIANO BARRERA


Xa se disputou a final do X Campionato de Xadrez Feliciano Barrera.
Se queredes saber cal foi o resultado, pasádevos o venres que vén polo Festival de Fin de Curso, que será a entrega de premios.
Só vos damos unha pista: os dous diplomas gardaranse na mesma casa!

 

sábado, 28 de febreiro de 2026

XOGADE: BÁDMINTON


 

Onte, venres 27 de febreiro, o alumnado de 5º e 6º primaria asistiu a unha das súas datas favoritas de deporte escolar: a xornada de bádminton no Pavillón Álvaro Pino.
Organízaa o Club Bádminton Ponteareas e impártea Víctor que, como sempre, foi exemplar con todos os nenos e nenas; tanto cos do noso centro coma cos do CEIP Antonio Blanco, de Covelo, que tamén asistiron á xornada.
Ademais de aprender os fundamentos e regulamento básico do bádminton, os nenos e nenas participaron nun torneo clasificatorio para unha segunda fase, que se celebrará o 28 de marzo. Aproveito para dar os parabéns aos clasificados e clasificadas: Amber, Karina, Giulia, Dylan, Jorge e Enzo. Bo traballo!
Por último, agradecer ao Club Bádminton Ponteareas esta cita anual. Non faltaremos!

xoves, 11 de decembro de 2025

A ALDEA VELLA

 


O prometido é débeda!
Hoxe podedes desfrutar do poema gañador do XXII Concurso de Poesía ANOMAR, recitado pola súa propia autora.
Convídovos a escoitala. Asegúrovos que quereredes visitar, sen dúbida, a aldea que a imaxinación e o corazón de Giulia crearon nalgún lugar de Galicia.
De novo: parabéns, Giulia!!!
Moitas grazas por recitar o teu poema para todas e todos nós! 

PARABÉNS!!!

 


Estamos de celebración no Feliciano Barrera!
O venres pasado Giulia, de 5º de primaria, recolleu o primeiro premio do XXII Concurso de Poesía ANOMAR pola súa obra " A aldea vella".
Aínda por riba, a súa compañeira Catalina quedou finalista no mesmo concurso co seu " A froita mola un montón".
Se tedes curiosidade por coñecer as súas obras, esperade uns días. Espero poder convencelas de que as reciten para vós!
Como dicía Walt Whitman: "Non deixes de crer que as palabras e as poesías si poden cambiar o mundo". Está claro que Giulia e Catalina non deixaron de crer.
Parabéns, rapazas!!!

sábado, 25 de outubro de 2025

CIBERLIGA 2025

 


A semana pasada as nenas e os nenos de 5º e 6º de primaria puxeron a proba os seus coñecementos sobre ciberseguridade na V Edición da Ciberliga.
Tiñan todos os conceptos ben fresquiños despois das sesións formativas do programa Dixitalización sen Límites e notouse.
Non foron os máis rápidos e rápidas nas súas respostas, pero demostraron o máis importante: que teñen ben adquiridos e asentados os conceptos básicos para un uso seguro da internet.
Parabéns a todos e a todas!!!

mércores, 1 de outubro de 2025