venres, 31 de xaneiro de 2025

Castelao

Hoxe compartimos este vídeo con vós.
Falamos de Castelao por varios motivos:
- Esta semana é o seu aniversario do seu nacemento.
- Este ano cúmprense 75 anos da súa morte.
- É unha persoa que loitou pola paz e pola liberdade do seu pobo, cousa que tamén ven ao caso pola celebración do día da paz.

E ti, sabes quen foi Castelao?

12 estrellas compañía de opera sigue adiante.

Esta semana  comezamos a ver máis en profundidade cales son as profesións dunha compañía de ópera.

Non sabemos aínda cal será a nosa profesión.

Todas son importantes e todas teñen algo especial.

Cal escoller?

martes, 28 de xaneiro de 2025

TODO ENCAIXA!

 



Os nenos e nenas levan semanas testando un novo material chegado para o noso Polo Creativo. É o Korbo Steam Concept, xogo de gran formato que permite a construción de distintas estruturas e potencia a creatividade científica.
Todo un éxito no Polo do Feliciano Barrera!


PREPARANDO O II ACTO


Co recordo aínda recente do Festiva de Nadal, os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria preparan a súa actuación para o II Acto do noso Ciclo de Artes Escénicas.
Están nunha fase fundamental do proceso creativo: a análise do texto. 
Que estarán argallando?
Lembrade, o día 16 de maio, II Acto na Avisoureira. Actuación de 3º, 4º e 5º de primaria!

 

PASAXEIROS AO TREN!!!


Un novo material enriquece o Polo Creativo do Feliciano Barrera: O Intelino Smart Train. Tradicional e sofisticado ao mesmo tempo!
En pequenos grupos de diversas idades programamos este tren intelixente para correr sen descarrilar, para facer paradas que non deixen a ningúen en terra, para ir marcha atrás...
Permite practicar unha programación moi simple ou moi complexa, adaptándose á idade e momento evolutivo dos nenos e nenas. Ademais... A quen non lle gusta un tren de xoguete?

 

venres, 24 de xaneiro de 2025

Xoel. Petan á porta


 

Petan á porta

Os nenos e nenas de 6º imos facer un podcast que iremos publicando cada semana.

Cada un de nós petou nunha porta e algo apareceu ao abrila ...

Queredes escoitarnos?

O REMO

Aos nenos e nenas de 6º de primaria o elfo tróuxonos un regalo especial: un remo!
Por que un remo? Este remo representa unha metáfora.

Todos e todas en 12 Estrelas Compañía de Ópera temos que remar na mesma diracción, buscando o mesmo obxectivo e o mellor para toda a compañía.

Luka, luka!

Deporte escolar


Esta semana, 5º e 6º fomos ao Santiago Apóstol a xogar ao brilé e ao hockey.

Pasámolo xenial. Merendamos con eles, xogamos, compartimos ...

Foi unha mañá estupenda.

luns, 20 de xaneiro de 2025

COMUNICACIÓN NON VIOLENTA


Como xa sabedes, os nenos e nenas de 2º a 6º de primaria teñen unha sesión semanal do Obradoiro de Habilidades Emocionais e Sociais. Emocionoloxía, chámanlle algúns e algunhas...
Este mes de xaneiro estamos a dedicalo a aprender estratexias de comunicación non violenta.
A través de dinámicas, xogos e metáforas nenos e nenas practican a difícil habilidade de expresar o que senten, pensan e necesitan da mellor maneira posible, sen facer dano a ningúen polo camiño.
Todo pode dicirse desde o respecto e a empatía, pero necesitamos aprender a facelo!

 

sábado, 18 de xaneiro de 2025

FACILITANDO A RECICLAXE

 


No Feliciano Barrera sempre nos preocupou a educación para a protección do medio ambiente.
Este curso participamos nun programa de innovación educativa chamado Sosti-Lab. Consiste na posta en marcha de medidas que favorecen o desenvolvemento de centros educativos responsables e sostibles no que ao medio ambiente refírese. 
Unha das medidas coas que comezamos foi rexistrarnos en KUCHO, un programa de recollida de toner e cartuchos de impresora nos centros educativos.
Xa non teredes que buscar o tempo para ir ao punto limpo municipal! Os nenos e nenas poden traer os vosos toner ou cartuchos de tinta ao colexio e KUCHO encárgase de reciclalos.
Na reciclaxe, como en tantas outras cousas, os nenos e nenas necesitan o noso exemplo!

POLOS CREATIVOS: EXPERIMENT BOX

 


Continúan chegando ao colexio materiais para desenvolver o noso Polo Creativo, que vai xa polo seu terceiro curso consecutivo.
Nesta ocasión trátase da Experiment Box. É unha maleta cun taboleiro con diferentes compoñentes electrónicos tradicionais que responden de distintas formas segundo prográmense os distintos bloques.
O alumnado de 5º de primaria foi o primeiro  en probar. Toda unha experiencia coas novas linguaxes de programación e con elementos tracionais de circuitos electrónicos. 

ATLETISMO NA ESCOLA

 


O martes pasado, 14 de xaneiro, os nenos e nenas de 4º de primaria gozaron no colexio da última de catro estupendas xornadas de promoción do atletismo na escola.
Manuel Martínez, adestrador do Real Club Celta de Atletismo, ensino con agarimo, paciencia e bo humor os segredos das carreiras, saltos e lanzamentos propios da súa disciplina. 
Un verdadeiro luxo telo no colexio!!!

luns, 13 de xaneiro de 2025

Os Leo Lectores de 4º de primaria presentan o libro "Galegas na Ciencia"

 Os nenos e nenas de 4º de primaria leron na hora de lectura este libro que conta a vida de moitas mulleres que foron moi importantes en diferentes ámbitos da Ciencia e que foron silenciadas polo feito de ser mulleres. 

Os nenos e nenas de 4º quixeron render unha pequena honenaxe a tantas e tantas mulleres silenciadas ao longo da historia.











domingo, 12 de xaneiro de 2025

O ESCACHANOCES, DE TCHAIKOVSKY


O Escachanoces é un conto de fadas, tamén é un ballet, tamén é unha suite que emprega un curioso instrumento chamado celesta...
O Escachanoces é todo iso e, ademais, unha preciosa representación do mundo dos soños, onde todo é posible. 
Hoxe queremos mostrarvos a bela interpretación que os nenos e nenas de cuarto de primaria prepararon coa profe Neli.
Bo traballo!!!

 

mércores, 8 de xaneiro de 2025

A biblioteca en Nadal



Un ano máis, a bilioteca encheuse de adornos feitos polos nenos e nenas do cole. O ambiente durante o mes de decembro foi moi cálido e acolledor na biblioteca do noso cole. Todo o alumnado do cole estaba moi orgulloso da nosa árbore de Nadal