mércores, 3 de decembro de 2025

VOLVE A CASA POLO NADAL

 


Chegou decembro e, con el, o Elfo de Guláns.
Todo o mundo sabe o moito que queremos ao noso elfo. Vén cada Nadal para enchernos de alegría, para traer agasallos, para facernos rir cos seus bailes...
Pero como nada nesta vida é de balde, tamén vén cada ano para coarse pola noite no colexio e facer todo tipo de trasnadas.
En educación infantil esperan cada día de decembro con estusiasmo e curiosidade. Onte mesmo montaron á arbore para que o elfo estea como na súa casa.
De momento temos unha carta súa. Seguiremos informando!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario