Amosando publicacións coa etiqueta Formación do profesorado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación do profesorado. Amosar todas as publicacións

sábado, 31 de xaneiro de 2026

PRIMEIROS AUXILIOS

 


Este mes de xaneiro parte do noso profesorado participou nun curso intensivo sobre Soporte Vital Básico. A formación foi organizada por Tesgalicia (Asociación Profesional de Técnicos en Emerxencias Sanitarias de Galicia) en colaboración co Concello de Ponteareas.
Resultou unha xornada moi interesante que, aínda que esperamos non ter que poñer nunca en práctica, deunos información e confianza á hora de prestar primeiros auxilios e usar un desfibrilador. Moitas grazas!!!

domingo, 16 de febreiro de 2025

NOVA FORMACIÓN DO PROFESORADO

 


Outra tarde de martes diferente para as mestras e mestres do Feliciano Barrera. 
Na sesión anterior, Cris Collazo ensinounos algunhas técnicas de expresión corporal e, como quedamos con ganas de máis, volveu onte para contarnos os segredos de marionetas, monicreques, macacos e demais familia.
Unha tarde marabillosa movendo os fíos como verdadeiros titiriteiros e titiriteiras!!!
Quizais vexamos algún froito da tarde no Segundo Acto do noso Festival de Artes Escénicas...



venres, 27 de decembro de 2024

FORMACIÓN DO PROFESORADO


Os martes pola tarde son moi serios no Feliciano Barrera. O profesorado asiste a titorías, a avaliacións, a reunións de Claustro ou do Consello Escolar, á Comisión de Coordinación Pedagóxica... Sen esquecer que hai que dinamizar as TIC, organizar as tarefas de biblioteca, programar as actividades complementarias...
O devandito, todo moi serio.
Pero hai martes diferentes e o pasado foi un deles. Quitámonos o traxe de mestr@s e puxémonos o de alumn@s. Da man de Cris Collazo aprendemos unha chea de técnicas de expresión corporal que, esperamos, melloren a calidade das distintas pezas do noso "Festival en Catro Actos".
Bueno, fixemos iso e rirnos uns cos outros como facía xa moito tempo.
Grazas, Cris!!!