Amosando publicacións coa etiqueta Plurilingüismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plurilingüismo. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de marzo de 2026

ARTS: OUR FAVORITE WOMEN

 


Por fin chegou a primavera e, con ela, abríronse camiño nos corredores do colexio unhas flores moi especiais. Son comprensivas, son alegres, son divertidas, son fortes… e representan as mulleres que o noso alumnado considera máis importantes na súa vida. Teñen a sorte de poder contar con elas!
A súa pequena homenaxe!

sábado, 31 de xaneiro de 2026

DAMOS LUZ AO ENFADO

 


En plástica bilingüe os nenos e nenas non só aprenden inglés e distintas técnicas plásticas; tamén aprenden a nomear e colocar as emocións nos seus termos e no seu lugar.
Nesta ocasión tocou dar espazo a unha emoción un pouco desagradable, pero tan válida como as demais: a ira. Que fai que nos enfademos? Que nos axuda a volver á calma? Todo iso ilustrado con belas metáforas: o día pode estar chuvioso, nubrado, de tormenta, nevado… pero un pouco máis cedo ou un pouquiño máis tarde acaba saíndo o sol!

mércores, 2 de abril de 2025

Exposición de Castelao no Ceip Feliciano Barrera

 En 2025 celébrase o 75º aniversario da morte de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, unha das persoas máis influentes da Galicia Contemporánea.

Grazas a esta exposición facilitada polo concello de Ponteareas, os nenos e nenas do cole poideron achegarse á figura de Castelao e gozar coas súas caricaturas e frases máis recoñecidas. Así, os nenos e nenas coñeceron a unha figura polifacética que foi caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, e político. 

Castelao defendeu sempre a necesidade de construir unha arte e unha cultura propia en Galicia e foi e segue sendo unha das figuras máis destacadas do galeguismo.










mércores, 9 de outubro de 2024

WELCOME TO GULÁNS, LAUREN!

 


O venres pasado incorporouse á familia do Feliciano Barrera a nosa nova auxiliar de conversa.
Chámase Lauren Sharp e vén de Bristol (Reino Unido) Estabamos desexando coñecela!!!
En dous días que estivo connosco xa tivo tempo de presentarse en todos os cursos de primaria e de responder ás infinitas preguntas coas que nenos e nenas bombardeárona.
Encantados e encantadas de que esteas aquí!!!