Amosando publicacións coa etiqueta patas amigas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta patas amigas. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de maio de 2025

TAREFA FINAL DE PATAS AMIGAS

Este ano os nenos  e nenas de infantil participamos no Plan Proxecta, Protexe ós animais. No desenvolvemento deste proxecto aprendemos moitas cousas sobre os animais, pero sobretodo aprendemos cómo coidar das nosas mascotas e neste conto, elaborado por todo o alumnado de infantil, queda claro.
Esperamos que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.

mércores, 21 de maio de 2025

PATAS AMIGAS: KITBULL

KITBULL: unha historia de amizade, loita e esperanza.

 

Na aula de 2º de Primaria tivemos a sorte de visualizar a emocionante curtametraxe Kitbull, unha creación de Pixar que, a través da animación, toca temas tan profundos como a amizade verdadeira, o maltrato animal e a importancia de dar unha segunda oportunidade aos animais abandonados.

A historia céntrase nun pequeno gatiño rueiro, desconfiado e independente, que vive nun vertedoiro, e un pitbull que sofre malos tratos e permanece encadeado nun patio, só e sen liberdade. A primeira vista, semella imposible que entre eles poida nacer unha relación de amizade, pero pouco a pouco, a través de situacións difíciles e cheas de emoción, van construíndo un vínculo baseado no respecto, na axuda mutua e no cariño. 

 

Durante a visualización traballamos varios obxectivos fundamentais:

1-  Identificamos as necesidades básicas dos animais de compañía: alimentación, cariño, atención         veterinaria, liberdade de movemento e compañía.

2- Reflexionamos sobre o que significa o abandono animal e as duras consecuencias que ten para os que o sofren.

3- Sensibilizámonos sobre a importancia de coidar o medio ambiente e respectar os dereitos dos animais.

4- Analizamos o papel que xogamos nós, como nenos e nenas, na loita contra o maltrato animal, a través da empatía, o coidado e a educación.

No conflito da historia, o gatiño ve como o pitbull sofre unha agresión do seu dono. Esa situación convérteo no heroe inesperado: perde o medo e achegase a axudar. Xuntos deciden escapar desa vida de sufrimento e atopar un novo comezo. Tras unha noite á intemperie, durmindo un xunto ao outro, son finalmente acollidos por unha persoa que lles ofrece un fogar verdadeiro e cheo de amor. 

 

Se ti tamén queres coñecer esta marabillosa historia, podes ver a curtametraxe completa a través desta ligazón: Kitbull - Pixar (YouTube)  

 

Despois do visionado, abrimos un espazo de diálogo onde reflexionamos sobre como podemos axudar aos animais abandonados. Algunhas propostas que xurdiron foron:

            -    Adoptar en lugar de mercar.

            -    Non abandonar nunca a un animal de compañía, porque eles tamén senten.

            -    Apoiar os refuxios e protectoras da nosa contorna.

            -    Denunciar situacións de maltrato animal.

            -    Educar desde pequenos no respecto e o coidado dos seres vivos.

Finalmente, elaboramos un mural colaborativo coas nosas investigacións sobre os recursos que existen para axudar aos animais sen fogar e recollimos acordos e ideas que nos comprometen a ser máis responsables e solidarios cos animais. 

Kitbull fíxonos rir, emocionarnos e, sobre todo, pensar. Porque unha historia contada con debuxos tamén pode cambiar miradas e sementar conciencia.

Aquí tedes unha mostrar do noso traballo: 



xoves, 15 de maio de 2025

PATAS AMIGAS: A VIDA SECRETA DAS TÚAS MASCOTAS

 A VIDA SECRETA DAS TÚAS MASCOTAS 

Traballaremos co tráiler da película A VIDA SECRETA DAS TÚAS MASCOTAS. 

 hhps://youtu.be/imqzsiXcxdg?feature=sharedh ps://youtu.be/imqzsiXcxdg?feature=sha red 

 A película ambientarase nun apartamento de Manhahan, onde as mascotas reúnense tras a marcha dos seus donos para contar humillantes historias sobre eles e dar e recibir consellos sobre como ser máis adorables. O líder deles é un Fox Terrier que ve ameazada a súa posición de privilexio pola chegada dun can mes zo. A súa rivalidade levaraos a acabar nas duras rúas de Nova York, onde se atoparán cun aparentemente adorable coello que en realidade é o líder dun exército de mascotas abandonadas que xurou vingarse. Visualizamos o tráiler (dura unicamente 2 minutos). 

Comentaremos a continuación a nivel oral, para posteriormente realizar unhas actividades escritas para traballar os seguintes obxectivos: 

 • Identificar as necesidades básicas dun animal de compañía.

 • Concienciar os nenos/as sobre a protección do medio ambiente e o respecto aos dereitos dos animais. 

 PREGUNTAS PARA TRABALLAR A PARTE ORAL: 

 • Quen pode explicar que é unha mascota? 

 • Que crees que fan as mascotas a maior parte do tempo cando non estás na casa?

 • Cantas horas adoitan pasar moitas mascotas soas en casa? • Como crees que senten durante ese tempo? 

 • Alguén pode contar algunha «trasnada» que fixese a súa mascota mintas non había ninguén en casa. • Por que crees que a xente quere ter mascotas? 

 • Crees que choran os animais? Investiga como chora un gato ou un can cando o abandonan e cóntanolo mañá. 

 • Este Tráiler empeza cunha ironía, estaría ben falarlle aos nenos do que significa e situacións nas que facemos ironías. Despois de traballar a parte oral do vídeo, traballaremos unha ficha escrita que require que o alumnado lembre algunhas das cousas vistas polo que deben prester moita atención.   

Finalmente, o alumando elaborará un pequeno guión para representar con títeres de dedo




domingo, 16 de febreiro de 2025

PATAS AMIGAS EN 1º DE PRIMARIA

 


Os nenas e nenas de 1º de Primaria continúan co seu proxecto "Patas Amigas"
No vídeo fálannos das súas mascotas: divertidas, relaxantes, simpáticas...
Se hai algo que teñen claro clarísimo é o seu desexo de protexer aos animais e, para conseguilo, envían a súa mensaxe ao mundo, tanto ás persoas como aos animais. 
Para asegurarse de que escoitamos as súas ideas fánnolas chegar en linguaxe oral, escrito e en lingua de signos. Imposible non entendelo!!!

xoves, 6 de febreiro de 2025

PATAS AMIGAS

 PATAS AMIGAS

Neste curso escolar os cativos e cativas de Infantil, 1º e 2º de Primaria participamos no Plan Proxecta "Protexe os animais" é un programa educativo que ten como obxectivo desenvolver a concienciación sobre o respecto e a protección dos animais domésticos.

Aquí deixamos unha pequena mostra dalgunhas actividades realizadas (fai clic na imaxe)