venres, 22 de novembro de 2024

Temos tema!


Sabedes unha cousa? Xa temos o tema da nosa ópera.

Despois de moitas propostas, moitas argumentacións e moito compartir o que é importante para cada un de nós, decidimos que o noso tema é:

"Ser perseverante co que me propoño (con respecto)"

 A partir deste tema, chegaremos ao conflito principal da nosa historia.

Que vos parece?

O Tardo

 
A semana pasada, as nenas e nenos de 6º estivemos gravando este vídeo para participar no XXIII concurso de relato oral "Tíralle da lingua".
O monte de Guláns é un sitio perfecto para gravar, por iso escollemos este lugar, porque en calquera momento podería aparecer o Tardo. 
Custounos moito facer este vídeo pero tamén o desfrutamos.
Ougallá gañemos un premio para poder dedicárvolo a tódalas persoas que nos seguides.   

Pleno infantil


O xoves Cecilia e Lucas foron ao Pleno infantil.

Parece ser que os recibiron moi ben.

Dende o cole vímolos en directo a través de Youtube.

Se queredes ver a intervención dos representantes do CEIPP Feliciano Barrera, buscade o minuto 15'50´´

Estaba Nava Castro, os concelleiros, os representantes dos outros partidos políticos, os representantes dos outros colexios e institutos e os representantes de Mentes Novas. 

Dixemos as nosas propostas e agardamos que o concello as teña en conta.

Grazas por darnos voz aos nenos e nenas!





Todas e todos contamos

O martes viu ao cole a asociación IgualArte.

Fixemos moitas actividades:

- Infantil tivo contacontos.

- 1º, 2º, 3º e 4º tiveron un teatro.

- 5º e 6º fixemos instrumentos oe tocamos. Tambores (que estaban feitos de caldeiros decorados) , maracas (feitas de bebibles cheos de arroz e decorados con papeis de cores brillantes ) e caixas chinesas.

Grazas por vir a ensinarnos a facer estes instrumentos tan chulos!!

Admiramos o voso traballo. 

Grazas por escoitarnos!!!!!

       




          

xoves, 21 de novembro de 2024

Club de lectura: "Os Leolectores de 4º de primaria"

 Os nenos e nenas de 4º de primaria son moi bos lectores ademais de gozar moito coa lectura en grupo. Por isto, formaron un club de lectura chamado Leolectores de 4º de primaria. Na hora diaria de lectura len, comentan, preguntan e responden cousas relacionadas co libro de lectura. Cando rematamos un libro celebrámolo cunha exposición na biblioteca relacionada con el. O libro lido foi "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz. A actividade elixida foi: "Como me imaxino eu ao meu trasno?"

Os nenos e nenas recoméndanvos este libro. Gustoulles moito.






martes, 19 de novembro de 2024

ESCOLA DE FAMILIAS

 


Temos a sorte de ter no centro unha ANPA moi implicada en todas as actividades do centro.
Coa colaboración do CFR de Vigo, organizaron unha interesante charla: O papel da familia ante o acoso escolar.
Será na biblioteca do colexio, o venres 22 de novembro, ás 17:00 horas.
Non faltedes!!!

domingo, 17 de novembro de 2024

As artes escénicas en 3º e 4º de primaria

 Este curso estamos traballando as artes escénicas e os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria puxéronse mans á obra.

En cada sesión traballamos expresión corporal e dramatización en gran grupo para coñecerse mellor, desfogar emocións e cohesionar o grupo.

Logo, en equipos máis pequenos imos desmigando historias de contos que lles encantan: lectura, comprensión do relato, expresión escrita, imaxinación... son uns pouquiños dos elementos que están utilizando para argallar a gran obra final...



Sabores de outono e un pouquiño máis

 Nesta ocasión deixamos aquí unha pequena mostra do acontecido na actividade SABORES DE OUTONO EN FAMILIA. Ademais, mostramos a visita dunha mamá que nos acercou ó DIA DOS MORTOS de México ás nosas aulas.

Tan só darvos as grazas as familias que participades no cole, cando vides ben vedes o que supón para os cativ@s a vosa presenza na escola. 

GRAZAS




ENCÁNTANNOS OS COGOMELOS

 


Este luns, como xa vén sendo tradición cada outono; Anxo, o pai de Petra, Martin e Oliver; pasouse polo colexio para contarnos as marabillas deste delicioso fungo: o cogomelo.
Como protexeer a súa contorna, como collelas (con adult@s, evidentemente), como recoñecer diferentes tipos...
Algo que nos encanta das charlas de Anxo é que non só escóitanse, el encárgase de que tamén se poidan ver e mesmo tocar! Moitas grazas, Anxo!!!
Familias do Feliciano Barrera, tedes unha chea de coñecementos e habilidades que aos nenos e nenas encantaríalles coñecer. Animádevos a vir contárnolas!!!

sábado, 9 de novembro de 2024

venres, 8 de novembro de 2024

A nosa maleta

Na clase de 6º temos unha maleta, onde imos escribindo todas as aprendizaxes que estamos adquirindo ao longo do curso.

A maleta simboliza a viaxe que facemos coa nosa compañía de opera. Dentro hai unhas tarxetas de varias cores (amarelas, vermellas e azuis) e nelas escribimos os nosos retos, xogos e metáforas durante todo o curso para ter un recordo de todo o que facemos.

Grazas por acompañarnos nesta viaxe!!!





FACENDO VASOIRAS

O Martes día 5 viñeron as avoas de Candela, Carmen e Modesta, a ensinarnos como facer vasoiras.

A verdade é que  foi moi divertido e interesante. Ensináronnos os distintos tipos de vasoiras que se facían antigamente: vasoiras de xestas, de codesos ...

Que imos facer con estas vasoiras? Sorpresa! Xa o veredes ...

Moitas grazas Carmen e Modesta polo voso traballo!!







OBXECTOS PERSOAIS

Este xoves  cada un de nós trouxo un obxecto persoal.

Debía ser algo que simbolizara o reto que temos agora mesmo na nosa vida.

Foi moi emotivo e soubemos o valor de cada obxecto e a importancia que ten para cada un de nós.

Que vai saír disto? ... Iremos informando.



Samaín


A semana pasada fixemos unha festa de Samaín. Sacamos ao patio os libros de medo, trouxemos cabazas pintadas e decoradas que daban moito medo e tamén fixemos maquillaxes terroríficas no patio.
Pasámolo xenial e desfrutamos moito desta celebración.



Magosto

O mércores viñeron oito chicos de Malí para celebrar con nós o magosto.

Xogaron con nós aos xogos do magosto e logo comemos castañas, xogamos ao fútbol e ao baloncesto cos oito rapaces de Malí. Tamén lles ensinamos un pouco o noso cole e practicamos algo de castelán e inglés.

Pasámolo xenial cos mozos de Malí e estamos desexando que volvan!

Cross


O mércores, os nenos e nenas de 5º e 6º corremos a cross. Gañamos medallas:  Laura, Cecilia, Neyzan e Naia.

O xoves, os nenos e nenas de 3º e 4º tamén correron. Gañaron medallas: Jorge, Lara Porto, Laura Silveira e Iker.

Atopamos moitos amigos e amigas das outras escolas, falamos moito entre todos, compartimos o chocolate e as rosquillas, divertímonos moito e pasámolo xenial.


mércores, 6 de novembro de 2024

ENTRE O MAR E AS ESTRELAS


Este luns os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria experimentaron na biblioteca do colexio a inmensidade do universo.
Da man de dous colaborador@s de Sea Starlight e Alecrín Actividades os nosos pequenos astrónomos e astrónomas situaron A Terra na galaxia, localizaron as distintas constelacións e aprenderon a orientarse na escuridade do ceo nocturno.
De recordo levámonos mapas das estrelas, fundas impermeables, compases e unha experiencia inesquecible!
Moitas grazas por ensinarnos a mirar ao ceo con outros ollos!!!

 

martes, 5 de novembro de 2024

GRANDES BIOGRAFÍAS


Non fai falta ter moitos anos para escribir unha autobiografía interesante. Os nenos e nenas de 3º de primaria demostrárono dabondo escribindo a súa!
Ademais, deron vida ao texto a través do teatro de monicreques, representándose a si mesm@s e aos seus familiares máis próximos.
Un marabilloso exercicio de expresión escrita e oral en lingua galega! Tamén unha preparación para o Ciclo de Artes Escénicas "Festival en Catro Actos"

 

FESTAS DE OUTONO

 


Tres días intensos os da semana pasada: obradoiros de maquillaxe, exposición de cabazas, lecturas conxuntas no patio, xogos con luz negra e unha chea de historias antigas e novas á luz das candeas...
Como broche final: "o mellor Magosto da miña vida", como dixeron, literalmente, na clase de sexto de primaria.
Tivemos o privilexio de rebibir a uns invitados excepcionais: 8 rapaces procedentes de Mali que viven actualmente no Centro de Emerxencia para Persoas Migrantes de Mondariz Balneario. A cambio de mostrarlles unha parte da nosa cultura recibimos moito máis: amabilidade, simpatía, xogos novos e unha man marabillosa á hora de tratar aos nenos e nenas. Esperamos que a experiencia fose para eles tan bonita como para nós.
Ademais, por se todo iso fose pouco, despois de anos chuviosos e nubrados, puidemos celebrar o noso magosto á luz do sol.