venres, 27 de decembro de 2024

NADAL EN CONVIVENCIA

 


Festival en Catro Actos.
ACTO I: Festival de Nadal.
Por fin estreamos o primeiro capítulo do noso ambicioso proxecto anual e imos arriscarnos a resultar un poco vaidosos e vaidosas... Que GRAN COMEZO!!!
Nenos e nenas, mestres e mestras, familias... Todos e todas achegamos esforzo e ilusión para ofrecer un festival con actuacións variadas, traballadas e significativas. Que fermoso traballo, profe Neli!
Avoíñas astutas, leóns famentos, Minions, vasoiras artesanais... 
Un pouco de todo: algo para rir, algo para emocionarse, algo para reflexionar, algún fallo técnico... Incluso unha elfa recentemente licenciada repartiu agasallos a todo o alumnado. 
Non podemos despedirnos sen expresar o noso profundo agradecemento á ANPA San Xulián por todo o seu traballo e axuda que, cada ano, facilítanos tanto a vida.
A todos e todas: Felices Festas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario