Amosando publicacións coa etiqueta 6º informa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 6º informa. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de xuño de 2025

XI Certame de relato curto

 Noraboa Leire, Xoel e Profe Alba por quedar finalistas no XI certame de relato curto.

Os seus relatos están publicados neste marabilloso libro que esperamos ter para ocurso que ven na biblioteca do cole. 



 

venres, 30 de maio de 2025

ENTREVISTA SI RADIO

O 28 de maio, chamáronnos de Si Radio para facer una entrevista. Deixámosvos o enlace da entrevista por si queredes escoitala.

ENTREVISTA SI RADIO 


luns, 19 de maio de 2025

COMO IMOS?

Os intérpretes están preparando xa as cancións de cada un.

Os músicos xa teñen preparado o acompañamento de duas cancións e están conseguindo a terceira.


Escenografía está facendo os decorados para cada acto da ópera.















Rexiduría está preparando a exposición de todo o proceso de creación da nosa ópera.

Isto parece que vai moi ben!!!

A Verdade Detrás Dun Neno

Xa chegou o gran momento!!

Despois dun curso traballando duro neste proxecto, 12 Estrelas Compañía de Ópera convídavos por fin á súa gran  estrea  " A Verdade Detrás Dun Neno".

Estamos moi emocionados e á vez nerviosos polo que poida pasar enriba do escenario.

Esperámosvos!!!




venres, 16 de maio de 2025

Tradición oral

As nenas e nenos de 6º fixemos un traballo de composición musical con algunhas das coplas que recollemos alá polo día da lingua materna.

Esperamos que vos gusten.

xoves, 20 de marzo de 2025

A NOSA COMPAÑÍA!

Xa comezamos a traballar por profesións, cada profesión xa ten un pouco de traballo feito.

Os nosos interpretes son: -Diego, Ainoha, Candela, Gala e Cecilia. Están creando os seus propios guións,  son moi divertidos!!!

Os nosos músicos son: - Unai, Martina e Neyzan. Están facendo as cancións dos nosos intérpretes. Que pegadizas son!!!

Da escenografía encárganse: - Leire e Xoel. Están creando a nosa imaxe e o noso decorado. Son moi creativos!!!
Da rexiduría ocupámonos: - María e Laura. Estamos coordinando os grupos. que ben o están facendo!!!

mércores, 12 de marzo de 2025

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Levamos xa un tempo facendo unha investigación sobre a axenda 2030 e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Foi un traballo difícil, pero tamén moi divertido, porque o fixemos en equipo.

Aprendemos moito sobre os ODS e a súa importancia.

Agora temos un mural nas escaleiras para que quen queira poida consultar os ODS e resolver as principais preguntas sobre cada un deles. Só hai que tirar da solapa.

Cancioneiro de Guláns

Con tódalas coplas que recollemos polo día da lingua materna, fixemos un cancioneiro.

Está na biblioteca para que poidades lelo sempre que queirades.







El Principito


Comezamos a ler un novo libro para o noso club de lectura. Titúlase "El Principito".

Seguro que moitos de vós xa o coñecedes. É un libro que xa ten moitos anos, pero cremos que imos descubrir grandes cousas.



   

Máscaras con só 2 elementos



Polo Entroido estivemos facendo un traballo algo distinto na nosa aula.

A profe deunos só xornais e grampas e pediunos que fixeramos unhas máscaras en corenta minutos. Sen empregar ningún outro material.

Recomendámosvos probar este reto tan divertido, pasámolo xenial.



Canción de Momosan


Esta é a letra dunha canción que sae no libro "Momo", que rematamos de ler xa hai un tempo en 12 Estrelas Club de Lectura.

No libro aparece a letra da canción e entre todos compuxemos o ritmo e a música.
Momo emprega esta canción para derrotar a un monstro mariño imaxinario chamado Xum Xum Gomalasticum.

venres, 28 de febreiro de 2025

Santiago de Compostela

O xoves 27 de febrero os nenos e nenas de 5º e 6º, pasamos o día en Santiago de Compostela.

Fomos ao Parlamento de Galicia, onde aprendemos a diferencia entre as funcións lexilativa, electiva e de control de governo. Tamén puidemos saudar a Cristina, a nosa anterior alcaldesa.

Na Xunta faláraonnos das distintas consellerías.

No Museo do Pobo Galego estivemos buscando pistas para responder ás preguntas das fichas.

Ademais, aínda tivemos tempo de visitar a Praza do Obradoiro e de comer nun parque.

Pasámolo moi ben. Moitas grazas a tódalas persoas que nos atenderon tan amablemente.





Luces e acción!


O martes viu á clase de 6º David, o pai de Leire, a ensinarnos como montar  unhas lámpadas. 

Foi moi divertido e aprendemos moito. Grazas por todo o que nos ensinaches para a nosa ópera. 

Alguén precisa axuda dun electricista experto? Pois aquí estamos os de 6º!!



venres, 14 de febreiro de 2025

A nena que quería navegar

O pasado martes 11 de febrero, fomos a un teatro titulado
" A Nena que quería navegar".

Pasámolo moi ben. A obra gustounos moito. Ademais, fíxonos reflexionar sobre como tratamos aos noso compañeiros de clase.

Era unha obra con música e deunos moitas ideas para a nosa ópera.

Tamén nos gustou compartir con amigos de outros colexios.

Querémoslle dar as grazas á F.A.N.P.O. por esta experiencia tan especial e divertida.

Grazas!!!!!

Cartas de amor


En 6º de  primaria fixemos cartas de amor para os nosos pais e nais.

Quixemos dicirlles con palabras canto os queremos ... que difícil!

A todos lles gustou moito.

Agora son eles os que teñen deberes. Teñen que escribirnos unha resposta.

 Feliz día do amor e da amizade a todos e todas!

martes, 4 de febreiro de 2025

FACENDO XABÓN

O luns 3 de febreiro, estivemos aprendendo e a falando sobre as tres R: reutilizar,  reciclar e reducir .

Foi una experiencia moi divertida e emocionante.

Aprendemos moito sobre produtos de limpeza e tamén aprendemos a facer xabón caseiro con  aceite usado.

Querémoslle dar as grazas a "Ponte a zero " por ser tan amables con nós, por facernos rir e por ensinarnos esas combinacións que poden poñer en perigo a nosa vida nuns segundos.

Moitas grazass!!!!



venres, 31 de xaneiro de 2025

Castelao

Hoxe compartimos este vídeo con vós.
Falamos de Castelao por varios motivos:
- Esta semana é o seu aniversario do seu nacemento.
- Este ano cúmprense 75 anos da súa morte.
- É unha persoa que loitou pola paz e pola liberdade do seu pobo, cousa que tamén ven ao caso pola celebración do día da paz.

E ti, sabes quen foi Castelao?

12 estrellas compañía de opera sigue adiante.

Esta semana  comezamos a ver máis en profundidade cales son as profesións dunha compañía de ópera.

Non sabemos aínda cal será a nosa profesión.

Todas son importantes e todas teñen algo especial.

Cal escoller?

venres, 24 de xaneiro de 2025

Petan á porta

Os nenos e nenas de 6º imos facer un podcast que iremos publicando cada semana.

Cada un de nós petou nunha porta e algo apareceu ao abrila ...

Queredes escoitarnos?

O REMO

Aos nenos e nenas de 6º de primaria o elfo tróuxonos un regalo especial: un remo!
Por que un remo? Este remo representa unha metáfora.

Todos e todas en 12 Estrelas Compañía de Ópera temos que remar na mesma diracción, buscando o mesmo obxectivo e o mellor para toda a compañía.

Luka, luka!