Primeiro día de merecido descanso no Feliciano Barrera!
É un bo momento para agradecervos a todos e a todas a vosa compaña o pasado venres no noso xa tradicional Festival de Nadal.
Como sempre, os nenos e nenas dérono todo no escenario. Desde a mellor sopa do mundo, que nos preparou educación infantil, ata a artística ilusión óptica de 6º de primaria, que aínda nos ten abraiados e abraiadas.
Todas e cada unha foron actuacións marabillosas! Un fermoso traballo en equipo coordinado pola incansable profe Neli!
Por último, como non, agradecer a coloración da ANPA San Xulián para sacar adiante esta inesquecible xornada de convivencia.
A toda a nosa familia educativa: Felices Festas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario