Amosando publicacións coa etiqueta Pleno infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pleno infantil. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de novembro de 2025

PLENO DA INFANCIA E DA ADOLESCENCIA

 


Onte celebrouse unha importante cita anual para nós: o Pleno da Infancia e da Adolescencia do Concello de Ponteareas.
Despois dun gran traballo de reflexión e de redacción chegou o momento da exposición. Anxo e Xoel, de 5º e 6º de primaria respectivamente, representaron ao centro explicando as propostas e ideas recollidas respecto a Dereitos Dixitais e outras cuestións que preocupan ao noso alumnado. Fixeron unha exposición realmente estupenda!
Eles tomáronse moi en serio a súa responsabilidade como representantes electos do Feliciano Barrera, agora tócanos aos adultos tomarnos en serio as súas opinións, propostas e reflexións.
Grazas ao Concello de Ponteareas por organizar esta actividade e por convidarnos un ano máis. Dar voz aos nenos e nenas é imprescindible para mellorar e seguir avanzando como comunidade. 

xoves, 6 de novembro de 2025

PLENO INFANTIL NO CONCELLO DE PONTEAREAS

 


Nova sesión preparatoria para o Pleno Infantil no Concello de Ponteareas.
A temática, sen dúbida, xera debate; pero resulta fundamental a día de hoxe: Os nosos dereitos dixitais.
Alumnos e alumnas propuxeron distintas medidas como, por exemplo, a construción dun cíber como espazo seguro de dixitalización ou a creación, por parte do Concello, de aplicacións educativas que non supoñan riscos para os cidadáns e cidadás.
O alumnado de 5º e 6º de primaria segue avanzando na reflexión e na capacidade de poñer palabras ás súas ideas e necesidades.
Parabéns!

venres, 22 de novembro de 2024

Pleno infantil


O xoves Cecilia e Lucas foron ao Pleno infantil.

Parece ser que os recibiron moi ben.

Dende o cole vímolos en directo a través de Youtube.

Se queredes ver a intervención dos representantes do CEIPP Feliciano Barrera, buscade o minuto 15'50´´

Estaba Nava Castro, os concelleiros, os representantes dos outros partidos políticos, os representantes dos outros colexios e institutos e os representantes de Mentes Novas. 

Dixemos as nosas propostas e agardamos que o concello as teña en conta.

Grazas por darnos voz aos nenos e nenas!