En 6º fixemos uns poemas para o concurso de poesía ANOMAR coa técnica de corte e
logo, por grupos, mellorámolos. Estes días saberemos quen gañou o concurso de
poesía.
Que nervios!
Mochilas viaxeiras:
O día internacional das bibliotecas escolares, os axudantes de biblioteca entregamos as
mochilas viaxeiras e aos máis pequenos presentámoslles a leo león e logo mostrámoslles as normas da biblioteca a través dun rap que compuxemos nós mesmos.
Galicia sabe a mar:
O día 23 viñeron uns rapaces que nos deron a probar produtos galegos un pouco
distintos, como os mexillóns con galleta mariñeira e unha salsa de fabas da Lourenzá.
A uns gustounos máis que a outros ... pero o importante e probar.