venres, 28 de febreiro de 2025

Santiago de Compostela

O xoves 27 de febrero os nenos e nenas de 5º e 6º, pasamos o día en Santiago de Compostela.

Fomos ao Parlamento de Galicia, onde aprendemos a diferencia entre as funcións lexilativa, electiva e de control de governo. Tamén puidemos saudar a Cristina, a nosa anterior alcaldesa.

Na Xunta faláraonnos das distintas consellerías.

No Museo do Pobo Galego estivemos buscando pistas para responder ás preguntas das fichas.

Ademais, aínda tivemos tempo de visitar a Praza do Obradoiro e de comer nun parque.

Pasámolo moi ben. Moitas grazas a tódalas persoas que nos atenderon tan amablemente.





Luces e acción!


O martes viu á clase de 6º David, o pai de Leire, a ensinarnos como montar  unhas lámpadas. 

Foi moi divertido e aprendemos moito. Grazas por todo o que nos ensinaches para a nosa ópera. 

Alguén precisa axuda dun electricista experto? Pois aquí estamos os de 6º!!



xoves, 27 de febreiro de 2025

RECITAL DE POESÍA

 


Aínda que o Entroido leva no ambiente un par de semanas xa, no Feliciano Barrera reservamos tempo para moitas outras cousas.
As lecturas do mércores, xoves e venres da semana pasada foron moi diferentes. Todos e todas, ben preto e con moitísima atención, escoitamos ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria recitar os seus poemas favoritos de Rosalía de Castro e de Manuel María.
No vídeo podedes escoitar aos nenos e nenas de sexto interpretando "A fala", de Manuel María.
Escoitade o murmurio do vento, escoitade a palabra de amor...

PRIMEIRA ÓPERA

 


 O curso avanza e "Doce Estrelas Compañía de Ópera" faino tamén.
Os nenos e nenas de 6º de primaria continúan traballando na súa ópera, IV Acto do noso Festival de Artes Escénicas e produto final do Proxecto LÓVA (A ópera como vehículo de aprendizaxe)
A semana pasada estrearon o seu primeiro espectáculo, unha adaptación de Olélé (no vídeo contámosvos a historia) e foi todo un éxito.
Traballaron xa segundo as profesións e departamentos asignados: interpretación, rexiduría, produción, iluminación, vestiario, composición... Unha oportunidade de poñer a proba as súas habilidades e talentos e dicidir cal é a mellor distribución de profesións para a compañía.
Por último, super super importante, no vídeo descubrimos por fin por que na aula de 6º de priamaria teñen un remo!

Elaboracións de cómics polos Leolectores de 4º de primaria


 Despois da lectura do libro "MIicro algas o mar de Ardora" os Leolectores elaboraron tres cómics por equipos. Fixeron un traballo extraordinario.

Mandadiño para o venres

 

O VENRES PARA REMATAR,

O DISFRAZ DO COLE TERÁS QUE LEVAR.

martes, 25 de febreiro de 2025

luns, 24 de febreiro de 2025

venres, 21 de febreiro de 2025

Mandadiño para o luns

 

O LUNS, O TEU PESCOZO DEBES ADORNAR

SE O ENTROIDO QUERES COMEZAR.

Entroido

Comeza xa o Entroido no cole.

Como cada ano, encantaríanos compartir esta celebración con tódalas familias.

Disfrazádevos e vinde pasar o Entroido con nós.


Día internacional da lingua materna

 
Hoxe fai 25 anos da primeira celebración do Día Internacional da Lingua Materna.
Conmemórase xa un cuarto de século defendendo a diversidade lingüística e a preservación das linguas como patrimonio cultural que son.
No Feliciano Barrera achegamos o noso gran de area este curso recollendo cancións de berce e coplas tradicionais.
Coñecedes algunha?
Axudádenos a completar o noso cancioneiro.

mércores, 19 de febreiro de 2025

Os Leo Lectores de 4º de primaria celebrando o día da Muller e a Nena na Ciencia

 No club de lectura dos Leo Lectores  leron "Clara e o enigma de Tihapia", de Ainoa García. Unha vez lido o libro, e para conmemorar o día da Muller e a Nena na Ciencia, traballaron unhas actividades asociadas ao libro como creación de anagramas, biografías, kahoots... Ademais aprenderon o que son as materias STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), durante moito tempo negadas ás mulleres e que agora son unha opción formativa independientemente do seu xénero.















As máquinas simples en 4º de primaria

 O alumnado de 4º de primaria sabe moi ben que é unha panca, un plano inclinado, unha polea e ademais aprenderon para que serven. Todas elas son maquinas simples que serven para realizar traballos cun esforzo menor.

Esta tarefa foi levada a cabo polos nenos e nenas coa colaboración das familias, nais, pais, avós e avoas, irmás e irmáns. O resultado foi marabilloso. Grazas ás familias por colaborar nesta difícil tarefa. 

Parabéns


.